Por O Grove se non me erro tamén é estrebillar, "ser un estrebillo"


Leandro Regueiro escribiu:
2008/6/16 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
si señor, estrebellar, dicimos aquí. ser un estrebellante tamén o usamos.
Vai, por A Mariña -nótese o singular, non é o que hai acarón d'O
Ferrol- díse trebellar, para iso que dis ti e máis para "xogar aos
doutores". Fedellar só o ouvin pola parte de Viveiro/Celerio/Covas, e
moito máis sexual.

Pois pola parte de Touro o trebellar é realizar o acto sexual en si.
Fedellar é facer trasnadas ou enredar, o que se achega a argallar ou
estribillar.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a