>>> Polo que ao mellor podería ser:
>>>
>>> addon: complemento
>>> extension: extensión
>>> plugin: engadido
>>
>> perfecto; inda que terei que modificar todos o 'plugins' que traducín;
>> pero si;  a min valme.
>
> A min tamén, alguén se opón?

No de addon: complemento vale. O de diferenciar entre extension e
plugin no o vexo. Teño visto algún sitio (non me pidades que agora o
lembre) nos cales usaban plugin e extension refirindose ó mesmo. Se
ninguén da atopado un sitio onde se refiran a cousas diferentes penso
que as dúas cousas se deberian traducir coma extensión. Un plugin o
que fai é extender funcionalidades xa existentes, e tamén engade
algunhas novas, se non lembro mal. Respecto ó posible conflito ca
extensión dun ficheiro, non vexo tal. Así que me opoño en principio.

>>>> Ai, e por tocar o carallo: non era que a tradución de "file" ía ser
>>>> "ficheiro" ?
>>>
>>> Eu douno por suposto, entendo que son cousas diferentes.
>>> Ao mellor erro pero, arquivo no é un ficheiro comprimido?
>>
>> ficheiro = file ; ficheiro comprimido =archivo; que ninguén cambie isto
>> por favor; creo que este xa é un acordo historico e non é ben cambialo.
>
> Daquela estamos de acordo

file: ficheiro
archive: arquivo, onde archive sempre ven sendo un tar ou un ficheiro
comprimido con gzip, bzip2, rar, zip....

Ata logo,
                 Leandro Regueiro

Responderlle a