O Tuesday 01 July 2008 12:53:41 Leandro Regueiro escribiu: > >>> Polo que ao mellor podería ser: > >>> > >>> addon: complemento > >>> extension: extensión > >>> plugin: engadido > >> > >> perfecto; inda que terei que modificar todos o 'plugins' que traducín; > >> pero si; a min valme. > > > > A min tamén, alguén se opón? > > No de addon: complemento vale. O de diferenciar entre extension e > plugin no o vexo. Teño visto algún sitio (non me pidades que agora o > lembre) nos cales usaban plugin e extension refirindose ó mesmo. Se > ninguén da atopado un sitio onde se refiran a cousas diferentes penso > que as dúas cousas se deberian traducir coma extensión. Un plugin o > que fai é extender funcionalidades xa existentes, e tamén engade > algunhas novas, se non lembro mal. Respecto ó posible conflito ca > extensión dun ficheiro, non vexo tal. Así que me opoño en principio.
Se ides ao Firefox, en Ferramentas>Complementos aparece: Obter complementos | Extensións | Temas | Idiomas | Plugins *Os "plugins" permiten ler contido tipo flash, QuickTime, etc. *Os complementos parece que engaden funcións extra, como xestión de marcadores, lingüetas, etc. *As extensións parece que xestionan información externa, como mostrar artigos da Wikipedia, engadir dicionarios, etc., mais a distinción con complementos non é de todo clara. > >>>> Ai, e por tocar o carallo: non era que a tradución de "file" ía ser > >>>> "ficheiro" ? > >>> > >>> Eu douno por suposto, entendo que son cousas diferentes. > >>> Ao mellor erro pero, arquivo no é un ficheiro comprimido? > >> > >> ficheiro = file ; ficheiro comprimido =archivo; que ninguén cambie isto > >> por favor; creo que este xa é un acordo historico e non é ben cambialo. > > > > Daquela estamos de acordo > > file: ficheiro > archive: arquivo, onde archive sempre ven sendo un tar ou un ficheiro > comprimido con gzip, bzip2, rar, zip.... Totalmente de acordo. Xosé

