>> >>> addon: complemento
>> >>> extension: extensión
>> >>> plugin: engadido
>> >>
>> >> perfecto; inda que terei que modificar todos o 'plugins' que traducín;
>> >> pero si;  a min valme.
>> >
>> > A min tamén, alguén se opón?
>>
>> No de addon: complemento vale. O de diferenciar entre extension e
>> plugin no o vexo. Teño visto algún sitio (non me pidades que agora o
>> lembre) nos cales usaban plugin e extension refirindose ó mesmo. Se
>> ninguén da atopado un sitio onde se refiran a cousas diferentes penso
>> que as dúas cousas se deberian traducir coma extensión. Un plugin o
>> que fai é extender funcionalidades xa existentes, e tamén engade
>> algunhas novas, se non lembro mal. Respecto ó posible conflito ca
>> extensión dun ficheiro, non vexo tal. Así que me opoño en principio.
>
> Se ides ao Firefox, en Ferramentas>Complementos aparece:
> Obter complementos | Extensións | Temas | Idiomas | Plugins
>
>
> *Os "plugins" permiten ler contido tipo flash, QuickTime, etc.
> *Os complementos parece que  engaden funcións extra, como xestión de
> marcadores, lingüetas, etc.
> *As extensións parece que xestionan información externa, como mostrar artigos
> da Wikipedia, engadir dicionarios, etc., mais a distinción con complementos
> non é de todo clara.

Realmente non sei cal é a distinción. Todos engaden funcionalidades ou
as modifican...

Ata logo,
                 Leandro regueiro

Responderlle a