Leandro Regueiro escribiu:
addon: complemento
extension: extensión
plugin: engadido
perfecto; inda que terei que modificar todos o 'plugins' que traducín;
pero si;  a min valme.
A min tamén, alguén se opón?
No de addon: complemento vale. O de diferenciar entre extension e
plugin no o vexo. Teño visto algún sitio (non me pidades que agora o
lembre) nos cales usaban plugin e extension refirindose ó mesmo. Se
ninguén da atopado un sitio onde se refiran a cousas diferentes penso
que as dúas cousas se deberian traducir coma extensión.
Este criterio non serve no caso do firefox tal como indica Xosé
Un plugin o
que fai é extender funcionalidades xa existentes, e tamén engade
algunhas novas, se non lembro mal. Respecto ó posible conflito ca
extensión dun ficheiro, non vexo tal. Así que me opoño en principio.
Se ides ao Firefox, en Ferramentas>Complementos aparece:
Obter complementos | Extensións | Temas | Idiomas | Plugins


*Os "plugins" permiten ler contido tipo flash, QuickTime, etc.
*Os complementos parece que  engaden funcións extra, como xestión de
marcadores, lingüetas, etc.
*As extensións parece que xestionan información externa, como mostrar artigos
da Wikipedia, engadir dicionarios, etc., mais a distinción con complementos
non é de todo clara.

Realmente non sei cal é a distinción. Todos engaden funcionalidades ou
as modifican...

Posto que parece que plugin e extensión non é o mesmo, aínda que non saibamos en que se diferencian, está claro que algunha teñen e polo tanto a tradución non debería ser a mesma. Penso que o mellor é facer escollas diferentes para plugin e extensión, no que parece que estamos de acordo e en addon -> complemento.

Algunha suxestión?

addon: complemento
extension: extensión
plugin: engadido

Responderlle a