> Eu penso que incluso se podería facer doutra forma.  Definir os "matices" de
> que é extensión, o que é plugin e o que é addon e traducir en función do que
> sexa sen que sexa algo fixo, o tradutor terá que decidir en función do que
> sexa.
Non entendo. Cando dis "do que sexa" estás a falar de algo programático?

Eu este véxoo máis como un caso excepcional, aínda que a miña óptica
está moi moi moi moi moi moi moi moi moi sesgada cara ao lado dese
escritorio que xa sabedes, e á preguiza e bordería que me
caracterizan.

Neste caso concreto, eu faría unha excepción e no ff empregaría
complemento, extensión e plugin. Penso que cos tres mecanismos se
consegue o mesmo: facer que o programa dispoña dunha funcionalidade da
que non dispón de serie, e as diferenzas están no mecanismo
-programático- através do que se consegue isto, que se con javascript,
xul, ou utilidades precompiladas externas (descoñezo se é así
realmente), en todo caso, ou á extensión "extension" ou á extensión
"plugin" poríalle un apelido, para diferencialas.

Responderlle a