Vaia, non o enviei á lista
---------- Forwarded message ----------
From: mvillarino <mvillar...@gmail.com>
List-Post: proxecto@trasno.net
Date: 2008/7/2
Subject: Re: plugin, add-on
To: damufo <dam...@gmail.com>


2008/7/2 damufo <dam...@gmail.com>:
> mvillarino escribiu:
>>>>
>>>> addon: complemento
>>>> extension: extensión
>>>> plugin: engadido
>>
>> En non apoio isto: o de engadido non me gusta.
>>
> Eu penso que é mellor indicar e/ou dar argumentos, alternativas do que
> gusta, non do que non gusta. Cal é a alternativa?

Non apoio isto polos seguintes motivos:
-Primeiro porque estaba máis ou menos determinado que plugin era ou
plugin ou extensión, como xa está recollido no glosario desde hai
tempo.

-Segundo, porque se imos a traducir "literatim" do inglés, temos:
   -Add-on: Engadir en
   -Extension: extender
   -Plug-in: Enchufar en.
  Isto é, o tipo de aumento de funcionalidades que debería ir en
galego cunha palabra derivada de "engadir" é add-on. Ás outras dúas
habería que meterlles solucións imaxinativas.

-Terceiro e máis importante: porque na prática totalidade de kde temo
posto como tradución de plugin ou plug-in o vocábulo "extensión", e
estamos no medio do ciclo de vida dunha versión maior, polo que me
parece pouco procedente unha modificación deste calibre agora.

> A cuestión é se os que vos opoñedes estades de acordo en que estas tres
> palabras (addon, extension e plugin)teñan traducións diferentes (tal como
> fai por exemplo o firefox).
Eu non teño nengunha obxección en darlles tres traducións diferentes
nos produtos nos que se diferencie entre estes tres mecanismos de
ampliación das funcionalidades e características.

Permítome propor unha alternativa, onde dou preferencia ao criterio de
mínimo esforzo (non ter que revisar):
Addon: Complemento
Plugin: Extensión ou plugin
Extensión: Ampliación

Responderlle a