mvillarino escribiu:
2008/7/2 damufo <dam...@gmail.com>:
mvillarino escribiu:
addon: complemento
extension: extensión
plugin: engadido
En non apoio isto: o de engadido non me gusta.

Eu penso que é mellor indicar e/ou dar argumentos, alternativas do que
gusta, non do que non gusta. Cal é a alternativa?

Non apoio isto polos seguintes motivos:
-Primeiro porque estaba máis ou menos determinado que plugin era ou
plugin ou extensión, como xa está recollido no glosario desde hai
tempo.

-Segundo, porque se imos a traducir "literatim" do inglés, temos:
    -Add-on: Engadir en
    -Extension: extender
    -Plug-in: Enchufar en.
   Isto é, o tipo de aumento de funcionalidades que debería ir en
galego cunha palabra derivada de "engadir" é add-on. Ás outras dúas
habería que meterlles solucións imaxinativas.

-Terceiro e máis importante: porque na prática totalidade de kde temo
posto como tradución de plugin ou plug-in o vocábulo "extensión", e
estamos no medio do ciclo de vida dunha versión maior, polo que me
parece pouco procedente unha modificación deste calibre agora.

Perfecto! estas son as cousas que non todos sabemos e se se contan entendemos mellor o porque non a algo. ;-)

A cuestión é se os que vos opoñedes estades de acordo en que estas tres
palabras (addon, extension e plugin)teñan traducións diferentes (tal como
fai por exemplo o firefox).
Eu non teño nengunha obxección en darlles tres traducións diferentes
nos produtos nos que se diferencie entre estes tres mecanismos de
ampliación das funcionalidades e características.

Pois daquela estamos de acordo en darlle traducións diferentes. Ben!
Permítome propor unha alternativa, onde dou preferencia ao criterio de
mínimo esforzo (non ter que revisar):
Addon: Complemento
Plugin: Extensión ou plugin
Extensión: Ampliación

Eu quitaría o de plugin, pois penso que non sería tradución sería deixalo como está, sen traducir.

En canto á proposta, pareceme que usar extensión para plugin pode ser enganoso, sobre todo en casos como o do firefox. Eu penso que incluso se podería facer doutra forma. Definir os "matices" de que é extensión, o que é plugin e o que é addon e traducir en función do que sexa sen que sexa algo fixo, o tradutor terá que decidir en función do que sexa.



Responderlle a