mvillarino escribiu:
Eu penso que incluso se podería facer doutra forma.  Definir os "matices" de
que é extensión, o que é plugin e o que é addon e traducir en función do que
sexa sen que sexa algo fixo, o tradutor terá que decidir en función do que
sexa.
Non entendo. Cando dis "do que sexa" estás a falar de algo programático?


Refirome que supoño que cada palabra terá o seu matiz, pois se nos o determinamos, á hora de traducir temos en conta ese matiz e usamos o temo que temos para iso. Por exemplo, se determinamos que cando implique unha funcionalide extra cun programa externo (isto é o que normalmente entendemos como plugin) pois usamos "--------". No caso de que esa funcionalide extra sexa algo que fai que o programa faga algo que antes non facía pero non implica un programa externo "--------"


En canto ao firefox, realmente temos
Complementos e dentro destes diferencias varios tipos:
        extensións
        plugins
        temas
        idiomas
        ... poida que isto vaia medrando
Complementos entendo que é algo que abarca todo o que supoña un cambio/mellora no funcionamento do programa base Dentro dos complementos estan as "extensions" (en ingles) que penso que entran dentro da primeira definición que din antes E tamén dentro dos complementos están os "plugins" que penso que están dentro da segunda definición que din antes.

Pois ao que me refería antes é que á hora de traducir, traduzamos o que significa e non o termo de xeito illado.

Eu este véxoo máis como un caso excepcional, aínda que a miña óptica
está moi moi moi moi moi moi moi moi moi sesgada cara ao lado dese
escritorio que xa sabedes, e á preguiza e bordería que me
caracterizan.
Non hai fallo, ;-)
Cada un ten as súas cousas

Neste caso concreto, eu faría unha excepción e no ff empregaría
complemento, extensión e plugin. Penso que cos tres mecanismos se
consegue o mesmo: facer que o programa dispoña dunha funcionalidade da
que non dispón de serie, e as diferenzas están no mecanismo
-programático- através do que se consegue isto, que se con javascript,
xul, ou utilidades precompiladas externas (descoñezo se é así
realmente), en todo caso, ou á extensión "extension" ou á extensión
"plugin" poríalle un apelido, para diferencialas.

(Xa sei que nos estamos a pasar de profundidade)

Eu penso que se vai consensuar un glosario, isto vai pasar con mais termos. Entendo que levará algún tempo pórse ao día pero co tempo penso que compensará, coido que do que se trata é de mellorar a calidade.
En fin... só é unha opinión mais.

Responderlle a