Xosé escribiu:
Hoxe si que que me disparei a consultar!!!
Sempre traducin "library" por "libraría" porque é un termo asentado, apesar de
ser un erro brutal de tradución. Acabo de atopar (libkleopatra [KDE])
"biblioteca" que, na verdade, é o que máis lle acae: é un ficheiro ao que se
van buscar cousas, non comprar.
Que vos parece que fagamos: continuar empregando "libraría" ou tentar
reconducir esta palabra (non creo que tardásemos moito en nos afacer a
"biblioteca")?
Xosé
Eu sempre uso biblioteca, porque me parece a mellor tradución. Podo
dicirche que na lista de python-es case todo o mundo usa librería. Tamén
dicir que hai moita xente de latinoamerica quen penso que soe ter unha
maior tendencia a misturar español e ingles. Algunha vez teño indicado
que me parece máis correcto biblioteca. Entre as respostas está: poida
que sexa máis axeitado biblioteca que librería pero está ultima é moi
usada e ademáis tamén vale segundo o dicionario.
dicionario rae:
librería.
1. f. biblioteca (‖ local en que se tienen libros).
2. f. biblioteca (‖ conjunto de estos libros).
3. f. Tienda donde se venden libros.
4. f. Ejercicio o profesión de librero.
5. f. Mueble con estantes para colocar libros.
6. f. Am. papelería (‖ tienda).
en canto ao galego
inrindo
libraría
1 s f Establecemento dedicado á venda de libros.
2 s f Oficio e profesión dedicados ao comercio de libros.
3 s f Moble con andeis que se usa para colocar libros.
biblioteca
1 f Servizo cultural autónomo ou subordinado dunha institución
que organiza e mantén o depósito, a clasificación, a conservación e a
consulta ou lectura de documentos diversos.
2 f Local destinado a conter unha gran cantidade de libros para
a súa lectura.
3 f Moble en que se colocan os libros.
CFR: librería.
---------------------------
Peor é o de edit -> editar, no sentido de modificar, aquí si que non hai
xustificación.
Nestes caso eu non teño dubida, a tradución para min é clara:
library -> biblioteca
edit (no sentido de modificar) -> modificar
edit (no sentido de publicar) -> publicar, editar