Miguel Branco escribiu:
On Thursday 03 July 2008 16:06:47 Xosé wrote:
> Hoxe si que que me disparei a consultar!!!
>
> Sempre traducin "library" por "libraría" porque é un termo asentado,
apesar
> de ser un erro brutal de tradución. Acabo de atopar (libkleopatra [KDE])
> "biblioteca" que, na verdade, é o que máis lle acae: é un ficheiro ao que
> se van buscar cousas, non comprar.
home, tanto coma brutal...
> Que vos parece que fagamos: continuar empregando "libraría" ou tentar
> reconducir esta palabra (non creo que tardásemos moito en nos afacer a
> "biblioteca")?
O máis correcto sería biblioteca. En castelán empregan librería, en
Portugués, Bilblioteca. En galego hai variedade no uso dunha ou outra:
http://en.gl.open-tran.eu/suggest/library
De todos xeitos xa no glosario de Trasno aparece esta entrada:
ibrary
1. n.f. biblioteca
2. n.f. librería
Se acaso pódese mudar por:
library
1. n.f. biblioteca (recomendado)
2. n.f. librería
______ Notas _______
Free On-Line Dictionary of Computing
library
A collection of {subroutines} and {functions} stored in one or more
files, usually in compiled form, for linking with other programs.
Libraries are one of the earliest forms of organised {code reuse}. They
are often supplied by the {operating system} or {software development
environment} developer to be used in many different programs. The
routines in a library may be general purpose or designed for some
specific function such as three dimensional animated graphics.
Libraries are linked with the user's program to form a complete
{executable}. The linking may be {static linking} or, in some systems,
{dynamic linking}.
(1998-11-
biblioteca s.f. 1. Conxunto ordenado dun número elevado de libros
particulares ou destinados á lectura do público. Algún día chegarei a
ter unha boa biblioteca. 2. Peza dunha casa ou edificio onde está
reunido un conxunto grande de libros para poder lelos. Nas vacacións
aproveito para ir ler á biblioteca. 3. Moble onde se colocan libros.
Unha enorme biblioteca presidía o salón.
librería s.f. 1. Tenda onde se venden libros. Librería especializada en
libros de arte. 2. Moble con portas ou sen elas e con varios estantes de
madeira ou doutro material, colocados horizontalmente, que se emprega
para gardar libros. Ten unha librería de madeira no cuarto. SIN. estante.
*libreta s.f. caderno.