2008/7/4 damufo <dam...@gmail.com>:
> Leandro Regueiro escribiu:
>>
>> Eu lembro de telo buscado no seu momento (nun diccionario de galego),
>> e apareciame libreria coma sinónimo de biblioteca, ademais de ter
>> outras acepcións propias que non ten biblioteca. Así que para min
>> librería vale. Penso que é un termo demasiado asentado coma para
>> cambialo agora. Pero xa digo, todo depende do contexto, por exemplo en
>> Alexandria houbo que traducilo coma biblioteca, para diferenciar de
>> libreria.
>>
>> Ata logo,
>>                Leandro Regueiro
>
> Eu poríao así (simplemente engadiría recomendado)
>  library
>
>  1. n.f. biblioteca (recomendado)
>  2. n.f. librería
>
> E quitaría isto:
>    Non hai razón algunha para rexeitar unha palabra como 'librería', que
> pode ter o mesmo significado que 'biblioteca'.
>
> Que é certo pero pode levar a confusión se o contexto non é o
> suficientemente rico.
>
>
>
> O bo que ten usar biblioteca é que cando coinciden librería (onde se venden
> libros bookstore) librería (onde hai) non hai confusión. O que está claro é
> que ámbalas son traducións válidas. Además se as usamos así o contexto non
> fai tanta falta.
>
> De feito se probades o google translate son as traducións que da
>
> bookstore - librería
> library - biblioteca

Xa digo que penso que para min libreria vale. En todo caso estámonos
referindo a algo novo: un ficheiro que contén código executable que se
pode enlazar.

Ata logo,
               Leandro regueiro

Responderlle a