Leandro Regueiro escribiu:
Eu lembro de telo buscado no seu momento (nun diccionario de galego),
e apareciame libreria coma sinónimo de biblioteca, ademais de ter
outras acepcións propias que non ten biblioteca. Así que para min
librería vale. Penso que é un termo demasiado asentado coma para
cambialo agora. Pero xa digo, todo depende do contexto, por exemplo en
Alexandria houbo que traducilo coma biblioteca, para diferenciar de
libreria.
Ata logo,
Leandro Regueiro
Eu poríao así (simplemente engadiría recomendado)
library
1. n.f. biblioteca (recomendado)
2. n.f. librería
E quitaría isto:
Non hai razón algunha para rexeitar unha palabra como 'librería',
que pode ter o mesmo significado que 'biblioteca'.
Que é certo pero pode levar a confusión se o contexto non é o
suficientemente rico.
O bo que ten usar biblioteca é que cando coinciden librería (onde se
venden libros bookstore) librería (onde hai) non hai confusión. O que
está claro é que ámbalas son traducións válidas. Además se as usamos así
o contexto non fai tanta falta.
De feito se probades o google translate son as traducións que da
bookstore - librería
library - biblioteca
Saúdos