Xosé escribiu:
Como todos vós, supoño, teño duvidado moitas veces sobre se seguir o que no orixinal en inglés aparece con maiúsculas iniciais de palabras ou se facé-lo máis normal e escreber con maiúscula só a primeira palabra. Pretendia perguntar sobre este tema máis adiante mais hoxe atopei-me cunha mensaxe en libkleopatra (KDE) que tiña o seguinte como texto de axuda á tradución (na mensaxe aparecia "yes"):

*********
Translate this to 'yes' or 'no' (use the English words!) depending on whether your language uses Sentence style capitalisation in GUI labels (yes) or not (no). Context: We get some backend strings in that have the wrong capitalizaion (in English, at least) so we need to force the first character to upper-case. It is this behaviour you can control for your language with this translation.
*********

Polo que intuo, refere-se a maiúscula inicial de oración ("sentence style capitalisation") e non ás maiúsculas iniciais de palabras, pero aproveito para plantexar o tema de por que se poñen esas maiúsculas iniciais de palabra, se é unha convención do inglés (neste idioma as palabras "principais" dos _títulos_ escreben-se con maiúscula inicial, embora nunha interface gráfica sexa duvidoso considerá-los títulos) ou se é unha convención de determinado software.

Xosé


Eu normalmente só poño a primeira en maiúsculas o resto en minúsculas a non ser que sexa nome propio. De todos modos lin algo disto nalgún sitio (que non lembro) que recomendaba precisamente isto que veño facendo, non capitalizar (non sei como se di isto en galego).

damufo

Responderlle a