2008/7/4 mvillarino <mvillar...@gmail.com>:
>>> Polo que intuo, refere-se a maiúscula inicial de oración ("sentence style
>>> capitalisation") e non ás maiúsculas iniciais de palabras, pero aproveito
>>> para plantexar o tema de por que se poñen esas maiúsculas iniciais de
>>> palabra, se é unha convención do inglés (neste idioma as palabras
>>> "principais" dos _títulos_ escreben-se con maiúscula inicial, embora nunha
>>> interface gráfica sexa duvidoso considerá-los títulos) ou se é unha
>>> convención de determinado software.
>
> Esta seima! (foi prantexada en kde-l10n-doc hai uns meses)
>
> Para o inglés o criterio é o que se explica en:
> http://wiki.openusability.org/guidelines/index.php/Guidelines:Menu_Items
>
> Para o galego, non, o criterio de utilización de maiúsculas podédelo
> atopar nun documento do snl da udc que se non lembro mal está citado
> na parte final da guía de estilo de trasno.

Vou contestar sen ter lido moito o de riba.

Cando retomamos openSuse tivemos algunha discusión sobre como traducir
"Strings Like This". Xixirei propuxo traducilo coma "Cadeas coma esta"
xusto cando levaba unhas 5000 cadeas traducidas usando "Cadeas Coma
Esta". Decidimos facelo ó seu xeito, ainda que iso implicaba corrixir
tódalas malditas traducións que levaba feitas. A todo isto agora tamén
terei que corrixilo noutras partes...

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a