Moi boa esas referéncias, Marce. O do SNL da UDC xa o coñecia, mais refere-se 
a textos administrativos, non informáticos. Os outros si recomendan non seguir 
o exemplo do inglés. Eu son partidário das minúsculas, se ben, como non tiña 
motivacións para este critério, seguin sempre traducindo con maiúsculas. Agora 
parece estar máis claro que non hai por que facer asi, de maneira que, se 
ninguén ve que sexa necesário, pasarei a empregar só minúsculas.

Xosé

O Friday 04 July 2008 10:44:42 mvillarino escribiu:
> >> Polo que intuo, refere-se a maiúscula inicial de oración ("sentence
> >> style capitalisation") e non ás maiúsculas iniciais de palabras, pero
> >> aproveito para plantexar o tema de por que se poñen esas maiúsculas
> >> iniciais de palabra, se é unha convención do inglés (neste idioma as
> >> palabras "principais" dos _títulos_ escreben-se con maiúscula inicial,
> >> embora nunha interface gráfica sexa duvidoso considerá-los títulos) ou
> >> se é unha convención de determinado software.
>
> Esta seima! (foi prantexada en kde-l10n-doc hai uns meses)
>
> Para o inglés o criterio é o que se explica en:
> http://wiki.openusability.org/guidelines/index.php/Guidelines:Menu_Items
>
> Para o galego, non, o criterio de utilización de maiúsculas podédelo
> atopar nun documento do snl da udc que se non lembro mal está citado
> na parte final da guía de estilo de trasno.

Responderlle a