> Analisando a palabra: Undo-able (poner ó dispor de undo) > > algunhas referencias: > > http://www.programacion.com/java/tutorial/swing/65/
Home, lendo isto: > Por outra banda, moitas veces a "desexada" norma non é aplicable pola > propia idiosincrasia dos desenvolvedores que empregan expresións que solo > eles entenden. Venme a cabeza os máis de 50 correos que intercambiamos co > actual desenvolvedor de mtPaint para atopar a tradución axeitada para > "Undoable" xa que el estaba empeñado en manter esa expresión que > inicialmente empregara Mark Tyler... como podo eu saber que falabas dun evento ou clase ou o que sexa de Java ou esa función de debotar cousas ou similar. Ademáis, non me entendiches: >O dereito a discrepar non o vou a negar, pero os problemas de ter a >referencia de "undoable" a traves de WordNet (e só wordnet) leva a que haxa >que discutir un significado e non traducir, como se está traducindo, mal. Estaba sendo satírico. Dicia que só wordnet define a palabra, ningún outro diccionario máis (wordnet ten certas cualidades, pero calidade lingüística non), porque se "undoable" non tivera ese significado particular nese programa, o lóxico sería separar como "un-do-able", algo que non existe en inglés pero que de vez en cando se usa, igual que en spanish o de "mayormente", "asín"... . Mira, os desenvolvedores non son perfectos e os que traducimos, menos. é imposible que non se nos escapen detalles coma este excepto que traduzamos un programa que coñezamos moi ben.

