2008/11/6 damufo <[email protected]>: > Boas: > Aquí meus comentarios sobre o manual de localización. > Primeiro agradecer a todos os que participaron na súa realización pois penso > que é unha boa ferramenta como punto de partida. > > Vou aló. > > Se leva o de diante en minúscula e se non en maiúscula ¿? > - Abra o menú de estilos e formatado > Abra o menú Estilos e formatado > > > default traducido como: A seguir ? > curioso. > > Pax. 25 > utilízanse unicamente no fin do enunciado > fin neste caso non é feminino? > > Pax. 30 > Colocación do pronome na oracións, falta un s en na (para que o corrixa o > encargado da redacción) > > En canto ao algoritmo de tradución, eu penso que o portugues de portugal e > de brasíl si teñen sentido ter unha atención especial, mais o español > debería ter o mesmo trato que as restantes linguas romance (catalá, > italiano...) > > Pax. 36 > Tab, eu penso que cando temos varias opcións (boas ou moi boas) deberíamos > tratar de evitar a homonimia. Chamarlle a separator diferente a separador > non o vexo pero a tab? se temos un monte de alternativas boas? e ademais xa > se usaron. Dese o meu punto de vista isto é forzar de mais, acaso ten máis > prioridade o portugues que o propio galego? > > Pax. 37 > Bold, eu traduciría por grosa. > > Páx. 39 > Se add-in e add-on teñen o mesmo significado, non será mellor traducilos > igual? por outra banda penso que un mesmo termo pode ter traducións > diferentes en contextos diferentes, deste xeito, poida que add-in e add-on > case sempre se traduzan igual porque teñen o mesmo significado pero en > determinados contextos add-in pode traducirse de outra maneira e add-on de > outra distinta. > Véxase plugin, add-in, extensión no glosario de trasno. > > Pax. 41 > Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.
Temos que volver discutir o tema? Deixámolos en inglés logo? > Pax 41. Se non for posíbel suprimir esta forma (nota para quen redacta, a > for faltalle unha a) http://digalego.com/diccionario/Html/conxugar.php?verbo_pasa=ser > Pax. 42 > Edit > Editar, tamén Edit > Modificar É unha opción. > Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por exemplo > Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos (writer, > word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... texto plano) > Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de textos. O de procesador de textos penso que que está asentado de máis coma para cambialo agora > Pax. 45 > Cifrar se for posíbel (nota para quen redacta, a for faltalle unha a) > procurei for no volga e non pe apareceu polo que supoño que é un erro. http://digalego.com/diccionario/Html/conxugar.php?verbo_pasa=ser Ata logo, Leandro Regueiro

