> Pax. 25
> utilízanse unicamente no fin do enunciado
> fin neste caso non é feminino?

En galego "fin" non pode ter ambo-los dous xéneros, coma "mar"?

> Pax. 41
> Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.

Hai certos nomes de lugares, así coma certos nomes propios, que sí que se 
traducen. Hai certos lugares (ex: Londres, Estados Unidos de América) que si 
que traduciría, máis por tradición que por outra cousa, quedando sen traducir 
aqueles que non teñen actualmente unha tradución feita.

Faise o mesmo cos Papas e cos Reis, polo que descubrín na Galipedia (non é 
política da Galipedia, senón que a Galipedia o fai seguindo a normativa 
oficial).

>A min persoalmente gústame máis por
> exemplo Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos
> (writer, word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi...
> texto plano) Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de
> textos.

Eu persoalmente prefiro facer a distinción. Como dixo Leandro, xa está moi 
extendido, e por outra banda a diferencia paréceme útil.


Un saúdo!

Responderlle a