Respondo aquí a todos

Leandro Regueiro escribiu:
2008/11/6 damufo <dam...@gmail.com>:
Boas:
Aquí meus comentarios sobre o manual de localización.
Primeiro agradecer a todos os que participaron na súa realización pois penso
que é unha boa ferramenta como punto de partida.

Vou aló.

Se leva o de diante en minúscula e se non en maiúscula ¿?
- Abra o menú de estilos e formatado
  Abra o menú Estilos e formatado


default traducido como: A seguir ?
curioso.

Pax. 25
utilízanse unicamente no fin do enunciado
fin neste caso non é feminino?

Pax. 30
Colocación do pronome na oracións, falta un s en na (para que o corrixa o
encargado da redacción)

En canto ao algoritmo de tradución, eu penso que o portugues de portugal e
de brasíl si teñen sentido ter unha atención especial, mais o español
debería ter o mesmo trato que as restantes linguas romance (catalá,
italiano...)

Pax. 36
Tab, eu penso que cando temos varias opcións (boas ou moi boas) deberíamos
tratar de evitar a homonimia. Chamarlle a separator diferente a separador
non o vexo pero a tab? se temos un monte de alternativas boas? e ademais xa
se usaron. Dese o meu punto de vista isto é forzar de mais, acaso ten máis
prioridade o portugues que o propio galego?

Pax. 37
Bold, eu traduciría por grosa.

Páx. 39
Se add-in e add-on teñen o mesmo significado, non será mellor traducilos
igual? por outra banda penso que un mesmo termo pode ter traducións
diferentes en contextos diferentes, deste xeito, poida que add-in e add-on
case sempre se traduzan igual porque teñen o mesmo significado pero en
determinados contextos add-in pode traducirse de outra maneira e add-on de
outra distinta.
Véxase plugin, add-in, extensión no glosario de trasno.

Pax. 41
Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.

Temos que volver discutir o tema? Deixámolos en inglés logo?

Non, só é unha opinión.

Pax 41. Se non for posíbel suprimir esta forma (nota para quen redacta, a
for faltalle unha a)

http://digalego.com/diccionario/Html/conxugar.php?verbo_pasa=ser

Vaia unha cousa máis que sei, grazas!
Pax. 42
Edit > Editar, tamén Edit > Modificar

É unha opción.


Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por exemplo
Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos (writer,
word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... texto plano)
Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de textos.

O de procesador de textos penso que que está asentado de máis coma
para cambialo agora
Tamén é unha opinión, procesador de textoa a min valeme mais non me gusta editor de textos.

Pax. 45
Cifrar se for posíbel (nota para quen redacta, a for faltalle unha a)
procurei for no volga e non pe apareceu polo que supoño que é un erro.

http://digalego.com/diccionario/Html/conxugar.php?verbo_pasa=ser


Ata logo,
                     Leandro Regueiro

Responderlle a