>>>>> Pax. 41
>>>>> Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.
>>>>
>>>> Temos que volver discutir o tema? Deixámolos en inglés logo?
>>>
>>> Non, só é unha opinión.
>>
>> Pois o dito, que nas cousas que nós traducimos aparecen as cousas na
>> versión inglesa, e non penso intentar buscar como é o nome dunha
>> cidade de siberia en ruso, que senón xa botariamos aquí a vida.
>> Ademais temos o problema doutras linguas con alfabetos diferentes,
>> pretendes que usemos os seus alfabetos que nin sequera damos lido
>> (caso da maioría das 14 linguas oficiais da India, xa non falo de como
>> lle deberiamos chamar á India, porque hai 14 idiomas oficiais)?
>
> Eu non pretendo nada Leandro :-) , xa dixen que é unha opinión en coherencia
> co que prefiro que se aplique aos topónimos en galego (a non tradución).
> Penso que isto xa o teño comentado, se un toponimo (ou nome propio), non se
> adapta á nosa grafía e non queda máis remedio que facelo, pois faise e
> listo. É neste caso no penso que si hai que buscarlle unha grafía adaptada á
> nosa (mais non unha tradución), que entendo neste caso sería aproximación á
> súa pronunciación.
>
> Vou tratar de por un exemplo aínda que non sei se empeorarei a cuestión:
>
> Tradución en base a significado: New York > Nova Iork. (como a grafía se
> adapta eu non traduciría)
> Washington. Seguindo a regra de arriba (que non comparto) non se traduce en
> base a significado(¿por que?).
> Exemplo de grafía a daptada para min sería
> (caracteres chinos) > Beixín (non sei se é o caso de que soe así porque non
> sei chino, é só un exemplo)
> (mesmos caracteres chinos que arriba) > Arbore de Leña (isto sería tradución
> en base a significado)
>
> Mais eu non son experto e poida que un experto poida argumentar mais cousas,
> en contra ou a favor, que sexan diferentes de que sempre foi, xa está moi
> estendido, todo o mundo...
> E todo isto referido á escita. E insisto opinión, eu non impoño nin pretendo
> nada mais que dicir o que penso, se a alguén lle vale estupendo e se non
> tamén. Que borde parece que me quedou isto, non é a miña intención. ;-)

Eu por traducir entendía adaptar á nosa grafía, perdoa polo meu erro.
Pero sigo pensando que hai certas cousas que non é aconsellable
cambiar, porque a xente xa está afeita a velas de certa forma. E
parece que non deberiamos facelo, pero a veces hai que ter en conta
que á xente non lle gustan moitos cambios...

>>>>> Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por
>>>>> exemplo
>>>>> Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos (writer,
>>>>> word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... texto
>>>>> plano)
>>>>> Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de textos.
>>>>
>>>> O de procesador de textos penso que que está asentado de máis coma
>>>> para cambialo agora
>>>
>>> Tamén é unha opinión, procesador de textoa a min valeme mais non me gusta
>>> editor de textos.
>>
>> Para min un editor de texto e un procesador de texto son cousas
>> diferentes, ainda que o procesador poida actuar coma un editor de
>> texto.
>
> Para min tamén, é en editor de texto onde prefiro a denominación de
> manexador de texto. Pois pareceme que se aproxima máis ao que é.
> Edit > editar é na maioría dos casos unha mala tradución que se foi
> asentando, incluso o digalego xa recolle unha acepción para informática
> (Preparar os datos para operacións posteriores.)
> Eu prefiro recuperar unha tradución máis correcta. Nótese que digo prefiro.
> ;-)

Eu penso que o de procesador de textos xa está demasiado asentado coma
para cambialo, ainda que concordo contigo en que nos diccionarios
procesar non ten ese significado. Pero co tempo aparecen novas
palabras, e palabras vellas perden ou adquiren novos significados (por
exemplo "móbil" que non é de hai moito).

Ata logo,
                   Leandro Regueiro

Responderlle a