Xunto varias respostas nunha.

>>> Pax. 25
>>> utilízanse unicamente no fin do enunciado
>>> fin neste caso non é feminino?
>
> En galego "fin" non pode ter ambo-los dous xéneros, coma "mar"?

En galego "fin" si parece ter os dous xéneros, pero con significado
diferente, cousa que cria que non era así e resulta que o digalego di
que si. Pero "mar" sempre foi de xénero masculino, coma o leite ou o
sal.


>>> En canto ao algoritmo de tradución, eu penso que o portugues de portugal
>>> e
>>> de brasíl si teñen sentido ter unha atención especial, mais o español
>>> debería ter o mesmo trato que as restantes linguas romance (catalá,
>>> italiano...)

Deberiase contar co máximo de opcións. Iso si, algunhas linguas son
máis próximas á nosa ca outras, pero polas traducións que levo vistas
e tendo en conta que non son un experto en linguas nin moito menos,
insisto en que o portugués brasileiro se parece máis ó galego có
portugués europeo.

>>> Pax. 41
>>> Nomes de lugares = nomes propios = non se traducen.
>>
>> Temos que volver discutir o tema? Deixámolos en inglés logo?
>>
> Non, só é unha opinión.

Pois o dito, que nas cousas que nós traducimos aparecen as cousas na
versión inglesa, e non penso intentar buscar como é o nome dunha
cidade de siberia en ruso, que senón xa botariamos aquí a vida.
Ademais temos o problema doutras linguas con alfabetos diferentes,
pretendes que usemos os seus alfabetos que nin sequera damos lido
(caso da maioría das 14 linguas oficiais da India, xa non falo de como
lle deberiamos chamar á India, porque hai 14 idiomas oficiais)?

>>> Relacionado co anterior, ou non. A min persoalmente gústame máis por
>>> exemplo
>>> Manexador de textos. Hai quen distingue, procesador de textos (writer,
>>> word... texto enriquecido) editor de textos (gedit, nano, vi... texto
>>> plano)
>>> Eu prefiro non facer distinción e chamarlle Manexador de textos.
>>
>> O de procesador de textos penso que que está asentado de máis coma
>> para cambialo agora
>
> Tamén é unha opinión, procesador de textoa a min valeme mais non me gusta
> editor de textos.

Para min un editor de texto e un procesador de texto son cousas
diferentes, ainda que o procesador poida actuar coma un editor de
texto.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a