mvillarino wrote:
>> Polo de agora só usamos un glosario inglés-galego, é que tes pensado
>> incluir outros idiomas tamén?
>>     
> Consulta o exemplo de Nuno: el xa tivo a mesma idea. E está implementada.
> Pensa que isto é por pura economía: deste xeito a parte de elaborar as 
> entradas
> en inglés distribúese entre os diferentes equipos dos distintos idiomas. O teu
> equipo só tería que encargarse de por as súas entradas <langSet> naquelas
> <termEntry> de interese.
>   
Tal vez poda aportar algo, xa que hai relativamente pouco tempo estiven
explorando as ferramentas existentes para crear glosarios e dicionarios
online (especialmente multilingües). Eu destacaría:

    * OmegaWiki [1]: pretende solucionar os problemas de deseño do
      Wiktionary (non existe realmente unha relación entre as palabras
      nos distintos idiomas).
          o É moi potente
          o É relativamente complexo.
          o Non hai un procedemento simple para facer unha instalación
            fresca en local (sen tódolos termos que ten a versión de
            Omegawiki).
    * Glossword [2][3]: Máis simple, pero tamén máis fácil para instalar
      e para  usar.

En resumo, que lle botedes un ollo ao Glossword a ver se se axusta.

Saúdos.
    Felipe.

[1] http://www.omegawiki.org/
[2] http://code.google.com/p/glossword/
[3] http://glossword.biz/demo/

Responderlle a