>> > Cal sería entón a estrutura "chachi" para unha termEntry?
>> Pon o que consideras que debemos usar e punto. Que o 95% do estándar
>> non o imos usar para nada.
O teu exemplo eu poriao asi (non copies o TBX dos rusos que está mal!):
<termEntry>
<descrip type="definition">a network of uniformly spaced
horizontal and perpendicular lines (as for locating points on a map) ;
also : something resembling such a network</descrip>
<descrip type="subjectField">graphics</definition>
<descrip type="subjectField">design</definition>
<langSet xml:lang="en">
<tig>
<term>grid</term>
<termNote type="partOfSpeech">noun</termNote>
</tig>
</langSet>
<langSet xml:lang="gl">
<tig>
<term>grella</term>
<termNote type="partOfSpeech">noun</termNote>
<termNote type="grammaticalNumber">singular</termNote>
<termNote type="grammaticalGender">feminine</termNote>
</tig>
<tig>
<term>grade</term>
<termNote type="partOfSpeech">noun</termNote>
<termNote type="grammaticalNumber">singular</termNote>
<termNote type="grammaticalGender">feminine</termNote>
</tig>
</langSet>
</termEntry>
Ainda asi teño dúbidas no subjectField, que non sei se se poderá repetir.
>> > Penso que debería consultar con Shafforo a ver
>> > porque escolleu a) para o lokalise.
>>
>> Non sei quen é Shafforo, pero en canto teña tempo heille preguntar a
>> Nuno que opción vai escoller, ainda que seguramente escolla a a),
> Pois Shafforo é a Lokalise o que Nuno a globs, isto é, o mantenedor.
Por curiosidade, onde demo está a páxina do lokalize, que ca mensaxe
de Karl perdinme e intentei buscar capturas de pantalla, pero non
atopei nada, nin sequera o sitio. Só aparecen cousas sobre kaider, e
as capturas non se parecen moito ó que eu vin do lokalize.
>> que é a que a nós non nos interesa para nada, xa que o seu sistema e para
>> terminoloxia profesional.
> E que? se supuxese moita diferenza na implementación aínda tería sentido tirar
> a opción, mais tendo en conta que iso do que falabas é o que está a facer ese
> tal Nuno, pois...
Psi, pero é que me da rabia ver tantas etiquetas inútiles :) Estoulle
preguntando a Nuno que vai facer, que agora está mirando o estándar e
parece que non chegou ainda a esa parte.
Por outra banda vexo que todos parecen ter a teima de querer usar
<ntig> e nunca <tig> o que xa me está empezando a cabrear xa que non
ten sentido ningún :)
>> Polo de agora só usamos un glosario inglés-galego, é que tes pensado
>> incluir outros idiomas tamén?
> Consulta o exemplo de Nuno: el xa tivo a mesma idea. E está implementada.
> Pensa que isto é por pura economía: deste xeito a parte de elaborar as
> entradas
> en inglés distribúese entre os diferentes equipos dos distintos idiomas. O teu
> equipo só tería que encargarse de por as súas entradas <langSet> naquelas
> <termEntry> de interese.
Vale. Agora só haberia que por a opción de escoller os idiomas que
entrarian no glosario que te baixarias da web.
> Tal vez poda aportar algo, xa que hai relativamente pouco tempo estiven
> explorando as ferramentas existentes para crear glosarios e dicionarios
> online (especialmente multilingües). Eu destacaría:
>
> * OmegaWiki [1]: pretende solucionar os problemas de deseño do
> Wiktionary (non existe realmente unha relación entre as palabras
> nos distintos idiomas).
> o É moi potente
> o É relativamente complexo.
> o Non hai un procedemento simple para facer unha instalación
> fresca en local (sen tódolos termos que ten a versión de
> Omegawiki).
> * Glossword [2][3]: Máis simple, pero tamén máis fácil para instalar
> e para usar.
>
> En resumo, que lle botedes un ollo ao Glossword a ver se se axusta.
A ver se teño tempo para todo, que ainda estou a ver se lle boto un
ollo ó Globs.
Ata logo,
Leandro Regueiro