>> (non copies o TBX dos rusos que está mal!):
> En que?

Para empezar en que traduciron o "noun" de partOfSpeech ó ruso. Por
outra banda temos o de poñer varios langSet do mesmo idioma dentro do
mesmo termEntry (fixérono tanto co inglés coma co ruso), o que non
estou seguro de que estea permitido...

>> Por outra banda vexo que todos parecen ter a teima de querer usar
>> <ntig> e nunca <tig> o que xa me está empezando a cabrear xa que non
>> ten sentido ningún :)
> As diferenzas están en que a
> <ntig> = <termGrp>, [<descrip> | <descripGrp>]
>
> <tig> = <term>, [<termNote>], []
>
> Vamos, que un ntig contén o termo, un texto referente a el, como o tig, pero
> pode ser máis completo, e información, específica para o idioma,

Pero esa información realmente non nos fai falta para nada. Toda a
información que nos faga falta (e mais) pode ir dentro de <tig>.
Respondeu Sharostoff sobre por que escolleu <ntig>?

>> Vale. Agora só haberia que por a opción de escoller os idiomas que
>> entrarian no glosario que te baixarias da web.
>
> Sasto! igualico que se pode facer ao consultar o open-tran.eu, so que ademais
> coa opción de baixar a base de datos en formato TBX.

Non, no open-tran só escolles un idioma xa que presupón que o idioma
de orixe é o inglés. Co sistema proposto, ou co de Nuno, terias que
escoller tanto o inglés coma o galego.

Ata logo,
                    Leandro Regueiro

Responderlle a