2008/12/23 mvillarino <[email protected]> > 2008/12/23 Adrián Chaves Fernández <[email protected]>: > >> ("liña cronolóxica", "vista cronolóxica"...?) > > > > Outras opcións (pra que teñan máis onde elixir): cronoloxía, liña do > tempo > > (escoiteina moito pero podería ser unha mala tradución) > > Eu emprego "liña de tempo"
A min "liña de/do tempo" non me convence. Vale que é a tradución máis literal, pero en realidade, é unha frase que non significa nada. Aínda que tamén podería valer perfectamente, vaia... > > > >> - Milestone: Esta é importante, aparece moitísimo... > > > >> ( en castelán sería "hito"... en galego... "etapa", > > > >> "milladoiro","obxectivo"...?) > > > > Supoño que é obxectivo, pero non estou seguro. > > Eu emprego "fito" Si, pasáraseme esa, jeje > > > >> - Roadmap: > >> (eu puxen "plan de traballo". A metáfora do mapa de estradas parecíame > A tradución que se está a popularizar é "folla de ruta", sobre todo > por parte dos medios de comunicación. > Outras opcións (más dinas) son: estratexia, liñas mestras, plano de > actuacións, plano xeral etc. Calquera debería valer. Aínda que o de "folla de ruta" tampouco che me gusta moito (polo mesmo que antes). O caso é que non me dou decidido por ningunha destas opcións. algún de vos empregou/emprega trac? Se é así... como vos gustaría que aparecesen? E se non o usades, igual: cal prefeririades? As miñas preferencias serían, por expresaren máis concisamente a que se refire cada cousa, "vista cronolóxica", "obxectivo" e "plano de actuacións". Pero hai que ter en conta que, se se escollen esas "desvirtuaríanse" as "ideas orixinais" do programa... Que opinades? > > > Que vaia ben Igualmente. Saúde! > > > -- > To unsubscribe, send mail to [email protected]. >

