Vaia, enviei unha copia de traballo anterior. Hai algunha corrección: # ARTIGOS E PRONOMES *ésta/éste > este/esta [1] *nengún > ningún *calqueira > calquera *calquer > calquera *qué, quén... > sen til [2] cal, cais > cal, cales
#ADVERVIOS, PREPOSICIÓNS, CONXUNCIÓNS *nen > nin *através > a través de [3] *ainda > aínda *apartir > a partir [3] *mentras > mentres *automáticamente > automaticamente [4] # SUBSTANTIVOS *acesibilidade > accesibilidade *armacenamento > almacenamento *armacenaxe > almacenamento *artículos > artigos *asinatura > sinatura *caché > cache [5] *Caraíba > Caribe *componente > compoñente *conexón > conexión *contaxe > conta *coordenación > coordinación *cotaxe > conta *cuidado > coidado *cumpreanos > aniversario [6] *dados > datos *direita > dereita *discontinuo > descontinuo *filtraxe > filtrado *guiño > aceno *ícone > icona *iten/ item > obxecto, elemento [7] *leitura > lectura *manexador > xestor *mantenedor > mantedor [8] *meio > medio *nível > nivel *pérdida > perda *pergunta > pregunta *periodo > período *plantel > modelo *pontos > puntos *profisión > profesión *propriedades > propiedades *remetente > remitente *secretismo > segredo *segredo vs. secreto [9] *seguemento > seguimento *subcrizón > subscrición [10] *teléfone > teléfono # ADXECTIVOS *bon > bo *valeiro > baleiro *último vs. derradeiro [11] *proprio > propio # VERBOS *aceder > acceder *aceitar > aceptar *adverter > advertir *aguardar > agardar *antever > previsualizar [16] *apariencia > aparencia *autentificar > autenticadas [12] *axir *carregar > cargar *cercionar > asegurar/ verificar / comprobar *componente > compoñente *(des)conetar > (des)conectar *conlevar > implicar *convertir > converter *criar > crear *descreber > describir *deshabilitar > desactivar *disponibeis > dispoñibles/beis [13] *escreber > escribir *esquencer > esquecer *estexa > estea *evaluar > avaliar *extender > estender *fechar > pechar *guardar > gardar *habilitar > activar *incluir > incluír *inicialización > inicio/arrinque [14] *insere > insire *invertir > inverter *ordear > ordenar (pero 'a orde') *podan > poidan *presionar > premer *receber > recibir *rechazar > rexeitar *recopilar > recompilar *repétese > repítese *requerir > requirir *respetar > respectar *respostada > respondida *respostar > responder *revocar > anulación, cancelación [15] *sobreescreber > sobreescribir *volcar > envorcar, bascular, afanarse *voltar > volver *xerazón > xerar, xeración Notas: [1] Di a norma: "non se acentúan EN NINGÚN CASO nin os demostrativos nin o indefinido e numeral un: esta mesa, quero esta, mira esa, colle aquela, un can, un deles,dáme un. Cal, cando, canto, como, onde, que e quen non se acentúan en interrogativas e exclamativas directas: cal queres?, cando vés?, canto queres?, como che vai?, onde está?, que queres?, quen cho deu?, que desgraza! " [2] ó mesmo respecto di : "Tampouco se acentúan as formas do interrogativo e exclamativo cando introducen interrogativas indirectas (pregúntalle cando volve, pregúntalle onde está, preguntoulle cal quería), agás cando fose preciso para evitar posibles anfiboloxías: dille qué queres, / dille que queres, xa sabes que hai?, xa sabes cánto lle custou / xa sabes canto lle custou, etc." . No caso da tradución de interfaces a acentuación destes será rara polo tipo de estruturas gramaticais que aparecen. [3] Non hai unha regra homoxénea para establecer cales preposicións e conxuncións van xuntas ou non, así que o propio é comprobar o que a Norma establece nos apartados do 18 ó 20. [4] Os acabados en -mente NUNCA se acentúan. [5] caché ou cache. Unha dubidosa para min. É un estranxeirismo e o acento habitualmente faise na última sílaba logo debería ir acentuada tal como día a Norma en apartado de acentuación de estranxeirismo, mais o VOLGa nin sequera o sanciona mentres que outros diccionarios si o recollen, sen til. [6] Para outro tipos de aniversarios hai que buscar outras solucións, coma ser explicito no tipo de efeméride que se celebra. [7] Estranxeirismo innecesario xa que dispoñemos de 'obxecto', 'elemento', 'artigo', 'unidade'... Existe no portugués mais coma adverbio coma nome, porén cun significado diferente. [8] pois ven do verbo 'manter' non *mantener [9] segredo e máis secreto, nome e adxectivo respectivamente. As tradución téñense que reflicitir esta diferencia. Ollo, nos programas de cifrado. [10] en galego a terminación culta é -ción mai -zón nas patrimoniais coma Levan -zón palabras patrimoniais como doazón,razón, sazón, torzón, traizón, etc. [11] derradeiro -adx. Último nunha serie. OBS. Derradeiro pode equivaler a último, pero non todo o que é último é sempre o derradeiro. Antes de morrer deixou escrita a súa derradeira vontade. Tamén s. Gustoume moito o teu último libro, espero que non sexa o derradeiro. Moi raramente pode acaer nunha tradución dunha interface. [12] é autenticar, autenticidade [13] ven de dispoñer así que mantén o 'ñ'. [14] infame anglicismo da época Windows pois é unha mala tradución que se fixo no castelán que dende logo non merece pervivir no galego. Outra cousa é a tradución de 'initialise', que nada ten que ver con 'iniciar' ou 'arrincar' un programa. [15] revocar existe no galego mais coma sinónimo de 'lucir'. [16] Nin antever nin previsulizar son recollidos polo VOLGa mai si visualizar. Entendo que o mais correcto é previsualizar. [17]Refírome á tradución de 'enable/diable'. Compárese: "activarv.t. [...] 2. Facer funcionar, pór en marcha [unha cousa] conectando o mecanismo destinado para ese fin. Activaron a alarma ó avistaren os ladróns. SIN. accionar. ANT. desactivar." con "habilitar v.t. 1. Declarar a [alguén] apto [para algo que se expresa]. Habilitaron algúns mestres para poder dar clase de galego. CF. capacitar, facultar. 2. Preparar [certa cousa ou lugar] para que resulte adecuado [para o fin que se expresa]. Habilitaron un baixo para vivir." e contrástese coa definición de enable "b 1 a : to provide with the means or opportunity b : to make possible, practical, or easy c : to cause to operate". O Ven, 02-01-2009 ás 18:22 +0100, mvillarino escribiu: > > *calqueira > calquera > > *calquer > calquera > Vaia, pensaba que trocara todo por calquera hai un mes ou así, podes > confirmarme que estás contra a ultimísima HEAD? si, actualizo e fago un merge sempre antes de tocarlle a ningún paquete > > *armacenamento > almacén > aparece no irindo: almacenamento erro meu, é almacenamento > > *filtraxe > filtrado > ou filtración? si, valería > > *iten/ item > obxecto, elemento [7] > > [7] Estranxeirismo innecesario xa que dispoñemos de 'obxecto', 'elemento', > > 'artigo', 'unidade'... Existe no portugués mais coma adverbio coma nome, > > porén cun significado diferente. > "Item" é palabra latina, e cultismo. Aparece no irindo (e no > estraviz), tanto como substantivo como adverbio. non lle coñecia eu este significado, xuraría que o comprobei por duplicado e identifiqueino por un anglicismo. Agora, segundo o digalego: ítem: 1 s m Entrada ou palabra clave que identifica un documento, un libro, unha revista ou un artigo nun índice. 2 adv Introduce cada un dos elementos dunha exposición. por exemplo, en Dolphin, 'escolléronse dous ítens', p.ex., non me parece que ítem se axuste a ese contexto. Das alternativas prefiro obxecto. > > *listaxe > lista > Causa? non hai causa, son correctas ambas, son sinónimos. Ata onde eu chego non sería o mesmo para contaxe. > > *mantenedor > mantedor [8] > > [8] pois ven do verbo 'manter' non *mantener > Mira o dicionario: mantenedor é palabra galega, no irindo sinónimo de > mantedor, e no estraviz algo levemente diferente e máis adaptado ao > significado. segundo o Volga, é unha entrada 'tolerada', sinónima de 'mantedor'. Pode quedar logo. > > *propriedades > propiedades > cachis, e non a podíamos deixar para outra volta? se aceptamos taléfano si. Lol. > > *secretismo > segredo > > *segredo vs. secreto [9] > > [9] segredo e máis secreto, nome e adxectivo respectivamente. As tradución > > téñense que reflicitir esta diferencia. Ollo, nos programas de cifrado. > Perdinme. Preciso máis explicacións. Pois un é o sustantivo: > segredos.m. 1. Aquilo que se mantén oculto, que non se dá ou non se > debe dar a coñecer ós demais. > É un segredo entre ti e min. Gardar un segredo. > 2. Calidade de quen non dá a coñece-las súas intencións, as súas > actividades, etc. Actuaron co máximo segredo e a operación resultou un > éxito. CF. discreción, reserva, sixilo. 3. Maneira secreta de facer > certa cousa. Os segredos da boa cociña. Consérvase coma de trinta, > ¿cal será o seu segredo? 4. O que ten de oculto ou misterioso [algunha > cousa]. O segredo da vida. s e o outro é o adxectivo: > segredos.m. 1. Aquilo que se mantén oculto, que non se dá ou non se > debe dar a coñecer ós demais. > É un segredo entre ti e min. Gardar un segredo. > 2. Calidade de quen non dá a coñece-las súas intencións, as súas > actividades, etc. Actuaron co máximo segredo e a operación resultou un > éxito. CF. discreción, reserva, sixilo. 3. Maneira secreta de facer > certa cousa. Os segredos da boa cociña. Consérvase coma de trinta, > ¿cal será o seu segredo? 4. O que ten de oculto ou misterioso [algunha > cousa]. O segredo da vida. s > > > > *bon > bon > Perfeito, afórrome trocar (esta si que me doería) pois sinto moito pero é 'bo'. 'Bon' é dialectal por aí? > > *antever > previsualizar [16] > > [16] Nin antever nin previsulizar son recollidos polo VOLGa mai si > > visualizar. > > Entendo que o mais correcto é previsualizar. > O de "antever" tamén fun eu. Evidentemente, para min é máis correcto > antever. Pero tampouco teño nada que obxectar a que o troques. eu non teño nada contra de antever, só que se fai pouco 'natural'. Previsualizar e derivados teñen unha eiva que é que son longos abondo. > > *carregar > cargar > Ollo, onde sexa lusismo debes trocalo por premer. ostia, non sabía eu ese uso. Creo que inda non atopei ningún > > *cercionar > asegurar/ verificar / comprobar > vaia, pensaba que as quitara todas > > > *(des)conetar > (des) conectar > Separado? xunto, errata tipográfica > > *deshabilitar > desactivar > E por que? arriba nota 16 ou 17. > > *Fechar > pechar > nota: non é que fechar non sexa palabra galega, suponse que é por unha > pura cuestión de consistencia, non? canto aprendo eu con isto: sinónimos de pechar: fechar, pechar, zarrar, fechar, pechar, zarrar, cercar, choer, fechar, pechar, zarrar, fechar, pechar, zarrar, fecharse, pecharse, zarrarse. erro meu, si. Mais certo, sería un caso de consistencia, mais ven. > > *partillar > debullar (cast. desgranar) > compartir ui, esta escapouseme. Esta atopeina co significado ese que non sería 'válido', mais existe partillar coma: v t Dividir ou repartir algo en partes. > > *revocar > anulación, cancelación [15] > revogar certa, moi certa! > >[...] > Por abreviar: en correccións ortotipográficas e gramaticais fai como > consideres oportuno, excepto mudar o modelo de lingua empregado no > ficheiro. Se a modificación é máis a nível lexema, consulta. si, a iso ando e intento. Troquei algunhas que directamente a tradución non correspondía. Por me adaptar eu non emprego nin ó, nin segundo artigo, uso o -bel et al...

