2009/1/9 Miguel Branco <[email protected]>:
> O Thursday 08 January 2009 20:07:56 Leandro Regueiro escribiu:
>> > *artículos > artigos
>> Sempre me lio aquí, en que contexto é articulo e en cal artigo??
>
> en ningún. 'artículo' é castelán.
>
> artigo:
> s.m. 1. Escrito sobre un tema determinado, publicado nun xornal ou revista.
> Hoxe vén no xornal un artigo sobre o problema da droga. 2. Cousa que
> é obxecto de comercio. Unha tenda de artigos de regalo. 3. Cada un dos
> parágrafos dun contrato, tratado, lei, etc. O artigo segundo dos estatutos. 4.
> Gram. Clase de palabra que presenta o substantivo, indicando o seu xénero e
> número (o mércores; unhas mulleres); tamén pode introducir outras clases de
> palabras, pasando estas a funcionar como un substantivo (gústame o novo; é un
> deber). OBS. Distínguense dous tipos de artigo: definido ou determinado (o, a,
> os, as), que introduce substantivos que designan persoas ou cousas
> consideradas coñecidas ou identificables polos interlocutores (a muller de
> Antón, os libros da biblioteca) e indefinido ou indeterminado (un, unha, uns,
> unhas) que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas
> descoñecidas ou non identificables por algún dos que falan (era a voz dunha
> muller; unha voz agradable), de carácter xenérico (cómprame un lapis), etc.
Uff, cando estudiei galego era artello-artigo-artículo, e lembro que
sempre me liaba cando tiña que decidir se usar artigo ou artículo.
Penso que está mellor así, son menos letras.
>> > *caché > cache [5]
>>
>> Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
>> remata en vogal?
> debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta
> corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en
> ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma
> barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a
> norma para máis detalle, apartado. 2.6)
Pois non. elite leva o acento na sílaba intermedia, non na final coma cache
>> > *manexador > xestor
>> Pode que non sempre manexador sexa incorrecto, ou si?? En todo caso
>> manipulador tamén se debería considerar.
> xestor, encargado... pero manexador nunca o escoitei. O volga non o recolle
> (=non quere dicir tampouco que sexa incorrecto)
Um. Vale. Pero onde aparece manexador non sempre se ten que cambiar por xestor.
>> > *inicialización > inicio/arrinque [14]
>> Seguro que non é válida?
>
> ** initilise: in computing, formatting a storing space like a hard disk or
> memory. Also, making sure a device is available to the operating system
> (wikipedia)
>
> ** Verb 1. initialise - assign an initial value to a computer program
> initialize set, determine - fix conclusively or authoritatively; "set the
> rules"
> 2. initialise - divide (a disk) into marked sectors so that it may store
> data; "Please format this disk before entering data!"
> initialize, format
> carve up, dissever, divide, split, split up, separate - separate into parts or
> portions; "divide the cake into three equal parts"; "The British carved up the
> Ottoman Empire after World War I" (free online dictionary)
>
> vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en
> programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o
> programa', pois iso é o que quere facer.
Ata onde comprendin aceptamos "inicializar" pero non "inicialización".
Supoño que tamén fará falta o substantivo nalgúns contextos.
>> > *invertir > inverter
>> Cando non é investir.
> non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de
> investir.
>
> inverter:
> 1 v t
> 1 Cambiar a orde, posición ou disposición de algo quedando de xeito
> contrario ao que estaba.
> 2 Dar a volta a algo de maneira que a parte de arriba quede para abaixo.
> 2 v pron Converterse algo no contrario do que era.
> SIN: virar, xirar.
> CFR: cambiarse
>
> investir:
> 1 v t Conferir a alguén un cargo honorífico ou unha dignidade ou poñelo
> en exercicio de certas funcións.
> 2 v t Facer un investimento de capital. Tm abs.
> 3 v t Empregar tempo, esforzo ou traballo en algo.
> SIN: empregar, ocupar.
No inglés son "invert" e "invest", pero a tradución usando
castelanismos é "invertir" para os dous. Pode que tamén se lle poña
"inverter" pero a veces é "investir" tamén.
>> >>> *listaxe > lista
>> >> Causa?
>> > non hai causa, son correctas ambas, son sinónimos. Ata onde eu chego non
>> > sería o mesmo para contaxe.
>> Por escribir menos uso lista. A veces úsase listado.
> pois listado non será correcto non sendo que te refiras a:
> listado -a adx. De listas. Un xersei listado.
> eu acabo de velo agora!.
Home, usando listar como verbo entón listado tamén sería aceptable
doutros xeitos, ainda que acepto que como sinónimo de lista igual non
é axeitado.
>> >>> *secretismo > segredo
>> Non entendo a razón de cambiar secretismo por segredo. E tampouco me
>> parece normal que fixera falta usar secretismo.
>
> Porque 'secretismo' é castelán. En galego podemos dicir 'non facía falta andar
> con tanto segredo/discreción/reserva/sixilo', ou 'non facía falta tanto
> segredo'. que é ó que se refire esta entrada de 'segredo':
>
> 2. Calidade de quen non dá a coñece-las súas intencións, as súas actividades,
> etc. Actuaron co máximo segredo e a operación resultou un éxito.
> CF.discreción, reserva, sixilo
Vale.
Ata logo,
Leandro regueiro