O Thursday 08 January 2009 20:07:56 Leandro Regueiro escribiu:
> > *artículos > artigos
> Sempre me lio aquí, en que contexto é articulo e en cal artigo??

en ningún. 'artículo' é castelán. 

artigo: 
s.m. 1. Escrito sobre un tema determinado, publicado nun xornal ou revista. 
Hoxe vén no xornal un artigo sobre o problema da droga. 2. Cousa que 
é obxecto de comercio. Unha tenda de artigos de regalo. 3. Cada un dos 
parágrafos dun contrato, tratado, lei, etc. O artigo segundo dos estatutos. 4. 
Gram. Clase de palabra que presenta o substantivo, indicando o seu xénero e 
número (o mércores; unhas mulleres); tamén pode introducir outras clases de 
palabras, pasando estas a funcionar como un substantivo (gústame o novo; é un 
deber). OBS. Distínguense dous tipos de artigo: definido ou determinado (o, a, 
os, as), que introduce substantivos que designan persoas ou cousas 
consideradas coñecidas ou identificables polos interlocutores (a muller de 
Antón, os libros da biblioteca) e indefinido ou indeterminado (un, unha, uns, 
unhas) que introduce substantivos que designan persoas ou cousas consideradas 
descoñecidas ou non identificables por algún dos que falan (era a voz dunha 
muller; unha voz agradable), de carácter xenérico (cómprame un lapis), etc.

> > *caché > cache [5]
>
> Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
> remata en vogal?
debería, por iso na nota [5] expresei as miñas reservas acerca desta 
corrección. O corrector 'caché' non o colle pero si 'cache' e non vin en 
ningún dicionario recollido 'caché' senón cache co que marcado coma 
barbarismo. Iso si, a norma recolle que os barbarismos se acentúan (vd. a 
norma para máis detalle, apartado. 2.6) 


> > *cumpreanos > aniversario [6]
> Seguro que nunca se chegou a aceptar cumpreanos??

non

aniversarios.m. 1. Día en que se cumpre o período dun ou varios anos desde que 
ocorreu un suceso importante. O aniversario do Estatuto de autonomía. 2. Día 
en que se cumpre o período dun ou varios anos de certos acontecementos 
importantes na vida dunha persoa (nacemento, voda, falecemento, etc.). Hoxe é 
o aniversario da avoa. SIN. cabodano. Mañá é o segundo aniversario da túa 
irmá. Celebraron o día do aniversario de voda cunha festa. 3. Celebración con 
que se conmemora este acontecemento. Os nenos están no aniversario do seu 
curmán. Fomos ó aniversario dos teus bisavós.

> > *manexador > xestor
> Pode que non sempre manexador sexa incorrecto, ou si?? En todo caso
> manipulador tamén se debería considerar.
xestor, encargado... pero manexador nunca o escoitei. O volga non o recolle 
(=non quere dicir tampouco que sexa incorrecto)

> > *último vs. derradeiro [11]
> e que me queres dicir aquí?? Para min son sinónimos. Uso último por
> ter menos letras.
son sinónimos pero non perfectos. O derradeiro de algo é u último, pero de 
tódolos posibles. O derradeiro día de vida. p.ex. 
derradeiro: adx  Que é o último nunha serie e non ten nada detrás. Tm s

> > *axir
> Que demo é isto?
eu tampouco teño nin idea, que mo expliquen!!. creo que é un lusismo collido 
de 'agir'

do Lat.  agere; v. int., actuar; operar; obrar; praticar na qualidade de 
agente.

> > *conlevar > implicar
> conlevar non existe?
non!!, é un castelanismo. 
para iso temos: implicar, envolver, supoñer, involucrar... dependendo do 
contexto. 

> > *inicialización > inicio/arrinque [14]
> Seguro que non é válida?

** initilise: in computing, formatting a storing space like a hard disk or 
memory. Also, making sure a device is available to the operating system 
(wikipedia)

** Verb  1.  initialise - assign an initial value to a computer program
initialize set, determine - fix conclusively or authoritatively; "set the 
rules"
  2.  initialise - divide (a disk) into marked sectors so that it may store 
data; "Please format this disk before entering data!"
initialize, format
carve up, dissever, divide, split, split up, separate - separate into parts or 
portions; "divide the cake into three equal parts"; "The British carved up the 
Ottoman Empire after World War I" (free online dictionary)

vamos, que creo que o usuario lle dá igual que signifique en 'initilise' en 
programación e cando arrinca un programa creo que prefire ver 'iniciar o 
programa', pois iso é o que quere facer. 

> > *invertir > inverter
> Cando non é investir.
non. iso é facer un investimento (ollo, e non ,cast., 'inversión'), de 
investir. 

inverter: 
1  v t 
1    Cambiar a orde, posición ou disposición de algo quedando de xeito 
contrario ao que estaba.  
2    Dar a volta a algo de maneira que a parte de arriba quede para abaixo.  
2    v pron    Converterse algo no contrario do que era. 
SIN:    virar, xirar. 
CFR:    cambiarse

investir: 
1    v t    Conferir a alguén un cargo honorífico ou unha dignidade ou poñelo 
en exercicio de certas funcións.        
2    v t    Facer un investimento de capital. Tm abs.        
3    v t    Empregar tempo, esforzo ou traballo en algo.        
SIN:    empregar, ocupar.

> > *sobreescreber > sobreescribir
> Non era sobrescribir??

si, isto foi unha errata. 'sobrescribir' é o correcto. 

> > *voltar > volver
> E voltar xa non se acepta??
non

> > *xerazón > xerar, xeración
> Sempre teño certas dúbidas sobre cando é xeneración e cando xeración...
pois fácil: 'xeneración' nunca pois é 'xerar' e non 'xenerar'*

> > [17]Refírome á tradución de 'enable/disable'. Compárese: "activarv.t.
> > [...] 2. Facer funcionar, pór en marcha [unha cousa] conectando o
> > mecanismo destinado para ese fin. Activaron a alarma ó avistaren os
> > ladróns. SIN. accionar. ANT. desactivar."  con  "habilitar v.t. 1.
> > Declarar a [alguén] apto [para algo que se expresa]. Habilitaron algúns
> > mestres para poder dar clase de galego. CF. capacitar, facultar. 2.
> > Preparar [certa cousa ou lugar] para que resulte adecuado [para o fin
> > que se expresa]. Habilitaron un baixo para vivir." e contrástese coa
> > definición de enable "b 1 a : to provide with the means or opportunity
> > b : to make possible, practical, or easy c : to cause to operate".
>
> Disto creo que xa se falara e se recomendara tender a usar
> activar/desactivar. Pero creo que se usou unha opción case tanto coma
> a outra. En todo caso activar ten menos letras.

> > O Ven, 02-01-2009 ás 18:22 +0100, mvillarino escribiu:
> >>> *filtraxe > filtrado
> >> ou filtración?
> Eu penso que mellor usar sempre filtración.

home aquí igual Méixome nos pode ilustrar cos substantivos rematados en -axe, 
pero penso que é un sufixo de uso --limitado-- no galego, a casos como 
homenaxe, liñaxe, viaxe...

> >>> *iten/ item > obxecto, elemento [7]
> Sempre traduzo coma elemento, como se recomenda no glosario se mal non
> lembro.

que para os máis dos casos é o que corresponde

> >>> *listaxe > lista
> >> Causa?
> > non hai causa, son correctas ambas, son sinónimos. Ata onde eu chego non
> > sería o mesmo para contaxe.
> Por escribir menos uso lista. A veces úsase listado.
pois listado non será correcto non sendo que te refiras a:
listado -a adx. De listas. Un xersei listado.
eu acabo de velo agora!.

> >>> *secretismo > segredo
> Non entendo a razón de cambiar secretismo por segredo. E tampouco me
> parece normal que fixera falta usar secretismo.

Porque 'secretismo' é castelán. En galego podemos dicir 'non facía falta andar 
con tanto segredo/discreción/reserva/sixilo', ou 'non facía falta tanto 
segredo'.  que é ó que se refire esta entrada de 'segredo':

2. Calidade de quen non dá a coñece-las súas intencións, as súas actividades, 
etc. Actuaron co máximo segredo e a operación resultou un éxito. 
CF.discreción, reserva, sixilo

> >>> *bon > bo
a primeira das listas que pasei contiña erros, este era un. é 'bo' --punto--

Responderlle a