2009/1/2 Miguel Branco <[email protected]>: > > Para o que será KDE 4.2. xa revisei parcialmente KOffice, totalmente KDEPIM e > KDEPIMLIM, parte de KDENETWORK e parte de KDEBASE. Esta revisión limítase de > momento ó aspecto ortográfico e algúnha cuestión de coherencia na escolla dos > termos.
Chachi! Estes días estou a ler cousas relativas ao QA na tradución, entre outras unha que hai en http://developers.sun.com/global/technology/translation/downloads/Translation_QA_Template_Doc.zip e un documento chamado "lisa best practice guide: quality assurance - the client perspective" para facerme unha idea de por onde van os tiros. Cando teña algo claro xa o porei nunha bitácora ou así. > En serio, con este 'informe' só pretende deixar constancia do que hai, non > pretendo acusar a ninguén. Fun eu. > Tede en conta que unha parte siginifativa da tradución de KDE debeu quedar > intacta dende antes do 2003 e foi tocada por múltiples persoas con diferentes > estilos e usos de diferentes normativas. Até que chegaron kde4 e un tocapelotas chamado m***e v*******o, que máis ou menos foi revisando, corrixindo cousas. As diferenzas na norma tamén son culpa miña, pero o estilo, excepto kdepim, koffice e esas cousas nas que andades penso que o deixei bastante uniforme. > *calqueira > calquera > *calquer > calquera Vaia, pensaba que trocara todo por calquera hai un mes ou así, podes confirmarme que estás contra a ultimísima HEAD? > *armacenamento > almacén aparece no irindo: almacenamento > *filtraxe > filtrado ou filtración? > *iten/ item > obxecto, elemento [7] > [7] Estranxeirismo innecesario xa que dispoñemos de 'obxecto', 'elemento', > 'artigo', 'unidade'... Existe no portugués mais coma adverbio coma nome, > porén cun significado diferente. "Item" é palabra latina, e cultismo. Aparece no irindo (e no estraviz), tanto como substantivo como adverbio. > *listaxe > lista Causa? > *mantenedor > mantedor [8] > [8] pois ven do verbo 'manter' non *mantener Mira o dicionario: mantenedor é palabra galega, no irindo sinónimo de mantedor, e no estraviz algo levemente diferente e máis adaptado ao significado. > *propriedades > propiedades cachis, e non a podíamos deixar para outra volta? > *secretismo > segredo > *segredo vs. secreto [9] > [9] segredo e máis secreto, nome e adxectivo respectivamente. As tradución > téñense que reflicitir esta diferencia. Ollo, nos programas de cifrado. Perdinme. Preciso máis explicacións. > *bon > bon Perfeito, afórrome trocar (esta si que me doería) > *antever > previsualizar [16] > [16] Nin antever nin previsulizar son recollidos polo VOLGa mai si visualizar. > Entendo que o mais correcto é previsualizar. O de "antever" tamén fun eu. Evidentemente, para min é máis correcto antever. Pero tampouco teño nada que obxectar a que o troques. > *carregar > cargar Ollo, onde sexa lusismo debes trocalo por premer. > *cercionar > asegurar/ verificar / comprobar vaia, pensaba que as quitara todas > *(des)conetar > (des) conectar Separado? > *deshabilitar > desactivar E por que? > *Fechar > pechar nota: non é que fechar non sexa palabra galega, suponse que é por unha pura cuestión de consistencia, non? > *habilitar > activar E por que? > *partillar > debullar (cast. desgranar) compartir > *presionar > premer ollo! o que fai presión presiona > *respostada > respondida > *respostar > responder a non ser que o faga coma min: con malas maneiras > *revocar > anulación, cancelación [15] revogar >[...] Por abreviar: en correccións ortotipográficas e gramaticais fai como consideres oportuno, excepto mudar o modelo de lingua empregado no ficheiro. Se a modificación é máis a nível lexema, consulta.

