> *artículos > artigos
Sempre me lio aquí, en que contexto é articulo e en cal artigo??


> *caché > cache [5]
Por que razón non leva til no final se ten o acento na última sílaba e
remata en vogal?


> *cumpreanos > aniversario [6]
Seguro que nunca se chegou a aceptar cumpreanos??


> *manexador > xestor
Pode que non sempre manexador sexa incorrecto, ou si?? En todo caso
manipulador tamén se debería considerar.


> *último vs. derradeiro [11]
e que me queres dicir aquí?? Para min son sinónimos. Uso último por
ter menos letras.


> *autentificar > autenticadas [12]
Eu sempre uso autenticar.


> *axir
Que demo é isto?


> *conlevar > implicar
conlevar non existe?


> *inicialización > inicio/arrinque [14]
Seguro que non é válida?


> *invertir > inverter
Cando non é investir.


> *sobreescreber > sobreescribir
Non era sobrescribir??


> *voltar > volver
E voltar xa non se acepta??


> *xerazón > xerar, xeración
Sempre teño certas dúbidas sobre cando é xeneración e cando xeración...




> [17]Refírome á tradución de 'enable/disable'. Compárese: "activarv.t.
> [...] 2. Facer funcionar, pór en marcha [unha cousa] conectando o
> mecanismo destinado para ese fin. Activaron a alarma ó avistaren os
> ladróns. SIN. accionar. ANT. desactivar."  con  "habilitar v.t. 1.
> Declarar a [alguén] apto [para algo que se expresa]. Habilitaron algúns
> mestres para poder dar clase de galego. CF. capacitar, facultar. 2.
> Preparar [certa cousa ou lugar] para que resulte adecuado [para o fin
> que se expresa]. Habilitaron un baixo para vivir." e contrástese coa
> definición de enable "b 1 a : to provide with the means or opportunity
> b : to make possible, practical, or easy c : to cause to operate".

Disto creo que xa se falara e se recomendara tender a usar
activar/desactivar. Pero creo que se usou unha opción case tanto coma
a outra. En todo caso activar ten menos letras.



> O Ven, 02-01-2009 ás 18:22 +0100, mvillarino escribiu:
>>> *filtraxe > filtrado
>> ou filtración?

Eu penso que mellor usar sempre filtración.

>>> *iten/ item > obxecto, elemento [7]
>>> [7] Estranxeirismo innecesario xa que dispoñemos de 'obxecto', 'elemento',
>>> 'artigo', 'unidade'... Existe no portugués mais coma adverbio  coma nome,
>>> porén cun significado diferente.
>> "Item" é palabra latina, e cultismo. Aparece no irindo (e no
>> estraviz), tanto como substantivo como adverbio.
>
> non lle coñecia eu este significado, xuraría que o comprobei por
> duplicado e identifiqueino por un anglicismo. Agora, segundo o
> digalego:
>
> ítem:
> 1
> s m Entrada ou palabra clave que
> identifica un documento, un libro,
> unha revista ou un artigo nun
> índice.
>
>
> 2
> adv Introduce cada un
> dos elementos dunha
> exposición.
>
> por exemplo, en Dolphin, 'escolléronse dous ítens', p.ex., non me parece
> que ítem se axuste a ese contexto. Das alternativas prefiro obxecto.

Sempre traduzo coma elemento, como se recomenda no glosario se mal non lembro.


>>> *listaxe > lista
>> Causa?
>
> non hai causa, son correctas ambas, son sinónimos. Ata onde eu chego non
> sería o mesmo para contaxe.

Por escribir menos uso lista. A veces úsase listado.


>>> *mantenedor > mantedor [8]
>>> [8] pois ven do verbo 'manter' non *mantener
>> Mira o dicionario: mantenedor é palabra galega, no irindo sinónimo de
>> mantedor, e no estraviz algo levemente diferente e máis adaptado ao
>> significado.
>
> segundo o Volga, é unha entrada 'tolerada', sinónima de 'mantedor'. Pode
> quedar logo.

mantenedor soame a cousa rara de Marce. Ademais mantedor ten menos letras.


>>> *secretismo > segredo

Non entendo a razón de cambiar secretismo por segredo. E tampouco me
parece normal que fixera falta usar secretismo.


>>> *bon > bon
>> Perfeito, afórrome trocar (esta si que me doería)
>
> pois sinto moito pero é 'bo'. 'Bon' é dialectal por aí?

Pois non che sei. Alí de onde son eu dise 'bo' pero hai un do outro
lado de Arzúa que di 'bon'. Bo ten menos letras e soame máis familiar,
que queredes que vos diga :)


>>> *antever > previsualizar [16]
>>> [16] Nin antever nin previsulizar son recollidos polo VOLGa mai si 
>>> visualizar.
>>> Entendo que o mais correcto é previsualizar.
>> O de "antever" tamén fun eu. Evidentemente, para min é máis correcto
>> antever. Pero tampouco teño nada que obxectar a que o troques.
>
> eu non teño nada contra de antever, só que se fai pouco 'natural'.
> Previsualizar e derivados teñen unha eiva que é que son longos abondo.

Coincido contigo. Mellor previsualizar.


>>> *Fechar > pechar
>> nota: non é que fechar non sexa palabra galega, suponse que é por unha
>> pura cuestión de consistencia, non?

Eu penso que si. En todo caso mellor usar pechar que penso que se ten
usado máis.


>>> *partillar > debullar (cast. desgranar)
>> compartir
>
> ui, esta escapouseme. Esta atopeina co significado ese que non sería
> 'válido', mais  existe partillar coma: v t Dividir ou repartir algo en
> partes.

Para min partillar é dividir, como no reparto da herdanza. Por outra
parte debullar non ten moito que ver.


Ata logo,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a