Penso que chego tarde. Lin todo por riba. A miña opinión é que é
aconsellable manter como única tradución recomendada "gardar" e ir
cambiando pouco a pouco os "gravar".

Opino isto principalmente debido a que se usou moito máis. Ademais a
xente está afeito a velo así. Por outra banda no glosario de Trasno
(algo desactualizado pero aínda válido) recomendan non usar "gravar"
por posible confusión con record. O único problema que lle vexo é que
non queda ben traducir os substantivos "save" e "autosave" como
"garda" e "garda automática"; resulta chocante cando menos.

Ata logo,
                        Leandro Regueiro

Responderlle a