> > E é que de feito non significan o mesmo. Gravar referirase sempre ao > > acto físico (e por tanto será cando se queira falar de dispositivos > > concretos, p.ex. "gravar de forma permanente no disco duro?", "gravar no > > 'pendrive'?"), namentres que gardar refírese a un evento polo cal o > > sistema operativo grava nalgún dispositivo uns datos determiñados para > > que o usuario ou aplicición poida dispor deles nun futuro. > > > > Así, as aplicacións de propósito xeral referiranse sempre a "gardar". Non > > hai moitos ámbitos nun sistema operativo gráfico no que poida ser preciso > > usar "gravar", anque puidera ter senso en aplicacións de copiado de > > seguridade ou gravado de CD, como no exemplo de Miguel. > > Cando o OS garda, grava, non? logo, IMHO, non vexo necesidade de lle facer > tal apreciación ó usuario, é máis, en ningún dos exemplos que puxeches. > > Non vexo a necesidade de distinguir cando se grava nun medio externo (o > exemplo do CD) pois conceptualmente é o mesmo gravar un CD ca nun HD ou > memoria, p.ex... nun indéntanse a superficie dun plástico policabonatado e > lese ópticamente cun laser e no outro realizanse cambios na serie de > rexións magnéticas nas que se divide cada plato... non sei se me explico. > Independentemente de se traballamos no noso PC e gardamos algo estamos a > almacenar eses datos nalgún medio, ora co fin de ser temporais ora co fin > de os conservar. Pero temos medios externos e internos que serven para > estes dous fins (p.ex CD, CD regravable ou 'pendrive'), tamén podemos > gardar cousas online, nalgún servidor remoto... se facemos todos estes > matices o tema resulta, IMHO, pouco práctico. > > que conste que non me importa a que conclusión se chegue (q será a de > 'gardar'), senón que busco resolver un problema de KDE. > > Só unha anotación máis, no pt_PT NON fan distición entre save' e 'record', > para ambas empregan 'gravar', no pt_BR si, e empregan 'gravar' e 'salvar', > respectivamente. Segundo o algoritmo de Macomun (vd. ultima reunión do > G11N) a escolla seríe en favor de seguir o que se fai en Portugal.
Só un apuntamento. Os de Mancomún seguen normas, se non me equivoco, nas que teñen preferencia por que a forma galega se pareza á doutras linguas. Eu prefiro que o "úsana en portugués" non sexa un argumento para usar unha forma, pois as formas doutra linguas só se deberían ten en conta (insisto, na miña opinión) á hora de buscar opcións, non á de elixi-la que prefiramos. E xa postos, teño entendido que o galego se parece máis ao portugués do Brasil que ao dos veciños (imaxino que porque estes últimos están moi "inglesados"). Un saúdo!

