Miguel Branco escribiu:
En kde-gl existe a dicotomía gardar - gravar para save. Nunca se me deu
por o preguntar e mira que ten importancia. Cal considerades mellor?
Facemos en KDE o cambio a unha ou outra?
Eu considero moi adecuada a fórmula 'gravar', e téñoa usado, pois:
gravar
v t Marcar ou
debuxar algo
nunha superficie
por medio de
cortes, presión
ou reacción
química.
2
v t
Impresionar
sinais,
datos,
imaxes ou
sons sobre
un soporte
magnético,
para
poderen ser
reproducidos despois. Tmabs. (!!!!!!)
3
v t Fixar
algo na
mente ou no
ánimo, como
un recordo,
un
sentimento
ou unha
idea. Tm v
pron.
considerando no tipo de soportes nos que gardamos as cousas, vai ben.
Para KDE noutros idiomas vexo que empregan:
it salva
pt_BR: salvar
pt-PT: gravar
es-ES: guardar
fr: Enregistrer
de: Speichern
cat: desa
opinións? opinións dos de GNOME e gnomistas?
Penso que tamén pode ser mellor usar gravar no canto de gardar.
Exemplo, cando estou escribir por exemplo un documento, gravo (de cando
en vez) para asegurarme de non perder o traballo. Para min gardar sería
o que fago cando xa non o vou usar máis por un tempo.