O Luns 27 Abril 2009 13:21:44 Leandro Regueiro escribiu:
> Ola,
> vou reabrir o tema para ver se arranxamos xa isto para sempre.
> Propuxéronse "blogue", "blog", "bitácora", "bitácula".
>
> "bitácula" quedara descartado porque só o apoiou Suso, e moitos
> dixeron que non sería aceptado. No glosario de Trasno aparecen
> "blogue" e "bitácora", sen preferencias, no glosario de Mancomun só
> aparece "blogue", e na terminoloxía de Microsoft tamén aparece só
> "blogue". Como dixeron por aí parece que "blogue" é o máis estendido
> pola rede galega (eu do tema non teño moita idea). Para enlear máis a
> cousa as traducións de SL van por outro camiño (lembro que os
> resultados son sobre parte das traducións de SL):
>
> bitácora --> 17
> KDE:  17
>
> blog --> 9
> GNOME:  9
>
> blogue --> 8
> GNOME:  1
> KDE:  6
> SUSE:  1
>
> Aínda que a min a que máis me gusta é "bitácora" (opinión totalmente
> subxectiva), apoio "blogue" porque parece ser a que máis se estendeu.
> Para isto contaría máis ca opinión dos blogueiros que son os usan isto
> tódolos días.
>
> Ata logo,
>                   Leandro Regueiro
ignoro por que se usa bitácora, pero o feito de que moita xente o faga, 
incluso que optemos por el, non quere dicir que sexa correcto.

bitácoras.f. Especie de armario ou caixa que os buques levan fixo á cuberta e 
inmediato ó temón, onde se garda o compás e outros obxectos, cerrado cunha 
ventá de cristal para o protexer da auga, po, etc. Na bitácora gardábase 
antigamente o diario de navegación. s 

Caderno de bitácora. Libro no que cada oficial de a bordo, ó face-la garda, 
vai anotando os datos ou feitos máis relevantes ocorridos durante a 
navegación, como as observacións meteorolóxicas, velocidade da marcha, 
manobras, etc., que serve como borrador do diario de navegación.

Un blog, bloque ou como se queira chamar é entón un caderno de bitácora 
dixital, ao igual que a orixinal inglesa (observo que na wiki inglesa obviase 
esta cuestión, anque na discusíon pode verse unha controversia sobor o uso de 
weblog como sinónimo de blog (tal que blog sería contracción de weblog).

Un apunte a maiores, xa en plan divertido. Ignoro por que cuestión a un idioma 
dado lle custa tanto aceptar palabras extranxeiras, e nembargantes con suma 
facilidade se forman derivados de palabras inglesas. Por exemplo, en galego 
semella que custa moito aceptar widget (ou güidget ou como se acepte) e 
nembargantes fórmase blogue. Anque sexa partidario de blog ou blogue, non podo 
deixar de referirme a esta cuestión: a carga metafórica dun caderno de 
bitácora sacrifícase en prol da extensión dun termo inglés, namentres que un 
termo de difícil traducción como widget debe de ser traducido dalgún xeito por 
moito que a traducción posible (no senso específico de ferramenta de 
programación) sexa algo raramente usado.

Tamén de xeito divertido, bitácora sería un termo apropiado para un weblog, en 
particular para webs que presten servicios que inglúen blogs. Na wikipedia 
poden verse exemplos doutros usos, e en particular do orixe do termo como unha 
verbalización: "we blog" (nós blogueamos).

Adicionalmente, propoño blog/weblog para o sustantivo, e a verbalización 
(bloguear, blogueo, blogueas, blogueo,...) e outros usos (blogueiro-> O que 
fai blogs) con forma adaptada.

Saúde!!
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a