Por tratar de contextualizar. O uso de bitácora, penso que parte de bitacoras.com e bitacoras.net que foron dos sitios pioneiros no estado en canto aos blogues. Por estas latitudes importouse ese termo, en parte por eses sitios de referencia e en parte porque as descripcións que se facían dese novedoso sistema de publicación web incluían o simil mariñeiro dos cadernos de bitácora.

Hoxe en día penso que está bastante extendido o concepto de blogue no noso país e se non entra en discusión con ningún tipo de convencionalismo, para min é o termo que mellor se adapta.

Calquera outra invención, neste momento, debería evitarse. Tanto blog coma blogue están o suficientemente asentados.

Karl García Gestido escribiu:
O Luns 27 Abril 2009 15:57:19 Alejo Pacín Jul escribiu:
  
Eu, polo xeral, emprego bitácora, aínda que tamén blogue; pero esta última
ten o problema de que non está aceptada pola RAG. O problema de "blog" e
"blogue" é o mesmo que temos con "folc" e "folque"; acéptase a primeira
pero non a segunda. Aínda que, persoalmente, creo que a forma máis galega é
a segunda. Aclarado isto, volvo insistir no emprego de bitácora, por ser
máis "enxebre" e reflictir perfectamente o significado de "blog".

    
bitácora é enxebre, por incorrecto. Bitácora é un termo mariñeiro, e nun país 
mariñeiro o seu uso incorrecto non ten perdón de deus.

Que o fagan os casteláns que só ven os barcos en fotos, vale, pero nós.... 
deberamos avergoñarnos.

folc é unha chapuza, esté ou non aceptado. Folk é como debera de ser 
correctamente (e de feito está aceptada). En canto a folque, ten menos senso 
aínda. Como era "hipergaleguismo"? o hipergalegismo non só afecta a termos 
casteláns, é buscar solucións "galeguizadas" forzadas sen ser precisas.

Saúde!!
  

Responderlle a