O Luns 27 Abril 2009 15:08:28 damufo escribiu:
> Karl García Gestido escribiu:
> > O Luns 27 Abril 2009 13:49:59 Karl García Gestido escribiu:
> >> O Luns 27 Abril 2009 13:21:44 Leandro Regueiro escribiu:
> >> (...)
> >
> Boas:
> Isto xa se falou, refirome ao termo blogue. E reitero o dito, un termo
> rematado en -g non é forma galega, por iso o de adaptalo blogue.
> Ademais que simplifica, como ti mesmo acabas de dicir ao rematar en -g
> non sabes moi ben como facer o plural, sen embargo se a opción é blogue
> todo o mundo sabe que é blogues.
> (...)
A dúbida está en se formar o plural coas regras do galego ou da lingua 
orixinal nas palabras emprestadas.

Blogues non é a única solución para adaptar blog. Exemplos posibles serían 
"bloxo", "blogo", etc.

Doutra banda, "whisky"(1) non é galego por moitos motivos: y- non é unha 
sílaba galega para rematar unha palabra, por motivos semellantes ao de que 
unha palagra acabe en -g, "hardware" non se pronunza en galego coa h muda, 
como debera ser en galego, etc. O motivo para elixir ou non unha palabra debe 
ser buscar o que se estime máis adecuado, non a norma estricta, que sería 
inaplicable (todo idioma que non rompe as súas propias normas está condeado a 
desaparecer).

Non deixa de ser curioso que ninguén propoña "diario" XD

Saúde!

(1) RAG: http://www.edu.xunta.es/diccionarios/BuscaTermo.jsp
-- 
O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación
--
karl

Responderlle a