O Luns 27 Abril 2009 15:57:19 Alejo Pacín Jul escribiu: > Eu, polo xeral, emprego bitácora, aínda que tamén blogue; pero esta última > ten o problema de que non está aceptada pola RAG. O problema de "blog" e > "blogue" é o mesmo que temos con "folc" e "folque"; acéptase a primeira > pero non a segunda. Aínda que, persoalmente, creo que a forma máis galega é > a segunda. Aclarado isto, volvo insistir no emprego de bitácora, por ser > máis "enxebre" e reflictir perfectamente o significado de "blog". > bitácora é enxebre, por incorrecto. Bitácora é un termo mariñeiro, e nun país mariñeiro o seu uso incorrecto non ten perdón de deus.
Que o fagan os casteláns que só ven os barcos en fotos, vale, pero nós.... deberamos avergoñarnos. folc é unha chapuza, esté ou non aceptado. Folk é como debera de ser correctamente (e de feito está aceptada). En canto a folque, ten menos senso aínda. Como era "hipergaleguismo"? o hipergalegismo non só afecta a termos casteláns, é buscar solucións "galeguizadas" forzadas sen ser precisas. Saúde!! -- O malo da relixión e a súa carenza de imaxinación -- karl

