Boas,
Grazas Miguel polo traballo.
Lin o documento un pouco rápido, non lle vin inconveniente algún.
O estilo da redacción non é que me guste moito, segunda forma do artigo, había tempo que non a vía, supoño que é como estaba no documento base.

Miguel Bouzada escribiu:
    Só unhas erratas de "dedo parvo"
Hai unhas cantas máis, proba a abrir o documento no openoffice co corrector de galego e xa se ven.



    Artigo 5º.- 1.- Son fins principais da asociación:
    i.A promoción e difusión do software libre, dos seus valores e da
    relevancia
    para o interese xeral da sociedade sociedade galega, con énfase na
    posibilidade de empregalo en galego ou da posibilidade de contribuír
    a que
    estea nesta lingua.


Repetido:  xeral da sociedade sociedade galega,

    Artigo 13º.

...

    4.- Os cargos cesarán na súa función por:
    i.facelemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.


errata "faCELEmento"

Concordo con Xosé no dos mandatos uniformes no tempo.

Eu tamén concordo nisto, aiínda que non teño experiencia nisto das asociacións (a verdade é que ningunha) pareceme máis lóxico.

non no da elección
a presidencia, a miña experiencia di que as veces é convinte que haxa un vicepresidente que poida funcionar de contrapeso. Por iso creo qe estña ben definido o de elexir a Xunta directiva ou de goberno e que dela saia o presidente, ou ben que ademáis da xunta se elixa presidente.

Non sería mellor que o presidente elixa ou compoña a xunta directiva? para formar un equipo?

No dos vogais tamén é certo que non lle vexo moita necesidade a que os haxa.
Canto máis simple a cousa, penso que mellor.

MB

Responderlle a