Xosé escribiu:
Non sería mellor que os distintos cargos se elexisen por separado (e non
listas pechadas)?
Non o creo. Un candidato a presidente debe poder traballar comodamente cos
membros da sua directiva. Esa é a razón da existencia das directivas, que non
son cargos representativos nen de control, senón de goberno. Noutras palabras,
imaxinade que vos presentades a presidente e que sae de secretario alguén no
que non podedes confiar... que?
Aliás, non coñezo nengunha asociación na que se elixan por separado, por estes
óbvios motivos. Alguén si?
Xosé
Estou totalmente de acordo con Xosé, imaxinade que os ministros son
elixidos pola oposición...
Se se elixe un presidente é porque se confía nesa persoa para o cargo,
no momento que non haxa confianza sempre se poderá facer moción de
censura se tan mal o fai.
Penso que o presidente ha de poder elixir seu equipo do contrario non
hai forma de poder esixirlle nada.
Efectivamente, algunhas asociacións elixen a directiva independentemente
do presidente, coñezo un caso no que se elixían persoas para a directiva
que se sabía de antemán non compatíbeis precisamente para que andiveran
á "gresca" entre eles.