> 2009/5/25 Xosé <xoseca...@gmail.com>
>
> > > Non sería mellor que os distintos cargos se elexisen por separado (e
> > > non listas pechadas)?
> >
> > Non o creo. Un candidato a presidente debe poder traballar comodamente
> > cos membros da sua directiva. Esa é a razón da existencia das directivas,
> > que non
> > son cargos representativos nen de control, senón de goberno. Noutras
> > palabras,
> > imaxinade que vos presentades a presidente e que sae de secretario alguén
> > no
> > que non podedes confiar... que?
> >
> > Aliás, non coñezo nengunha asociación na que se elixan por separado, por
> > estes
> > óbvios motivos. Alguén si?
>
> SI
>
> Esta é unha opción presidencialista, non participativa. O exemplo do
> secretario non é o máis indicador dun posible conflito, xa que o secretario
> tan só ten que referir o que acontece, gustelle ou non, pero xa que o citas
> direi que a miña experiencia di que ter un secretario que manipula as actas
> conforme os interes do presidente non é allea a moitas realidades.
>
> Engado, se un presidente decide conforme opinions moi particulares (xa non
> digamos intereses) ter a un vicepresidente que "marca" as súas
> intervenciósn e lle esixe que determinadas "accións" haxa que consensualas
> cos socios, pareceme que debe ser tido en conta.
>
> Isto que digo non é obstaculo par que non acepte o presidencialismo,
> simplemente, creo que non é o máis doado.

Ídem

Responderlle a