> > É ben certo que o de que non se poida aprobar a acta da propia reunión > > ao rematala só se pode xustificar por falta de tempo, pero tamén será > > bo non pillarnos as mans. Con poñer explicitamente que ou se aproba a > > acta ao final da asemblea ou que se ten que aprobar noutra posterior > > como primeiro punto da orde do día xa está. > > Ademáis de de duas comunidades de veciños, formo parte de catro asociacións > máis, en ningunha se aproba o acta até que o secretario a remite, o que soe > acontecer entre 10 e 20 días despois, se estuda comprobando que é fidel o > acontecido, e despois se aproba. > > Tendo en conta que moitas das xuntanzas, agás as mínimas legais, poden > realizarse por correo-e, salas jabber etc... (sempre con garantias de > sinaturas PGP) non vexo que teñan que ser, necesariamente, aprobadas no fin > da xuntanza. > > Nota. Se así se conven, incluso as asembleas (mínimo legal) poden facerse > por medios eléctronicos ou mixtos, sempre que o secretario determine que a > acreditación (PGP ou semellante) sexa dabondo.
En caso de usar algún método PGP ou semellande, xa explicaredes cómo usalo :D