Non sei se sería correcto deixalo en subordinadas. O feito de que as
xanelas ás que en inglés se lle chaman "transient", por ser, digamos,
"non permanentes" sexan tamén "subordinadas" a outras, non teño claro
que permita intercambiar sen máis "temporal"  por "subordinado".

Un exemplo parvo: as ventaíñas de "capas" e "ferramentas" do GIMP,
poderíanse entender como subordinadas, pero non "transients"...

"xanelas accesorias", talvez? Digo para non tomar unha decisión que
despois teñamos que cambiar outra vez...

2009/10/18, Leandro Regueiro <leandro.regue...@gmail.com>:
>>>> Caralludo Berto,
>>>>
>>>> fin da discusión entón.
>>>
>>> Eu entendín o concepto. Pero non a tradución :S
>>
>> Subordinada ??
>
> Pode ser. Algunha queixa ou matización?
>
> Ata logo,
>                     Leandro regueiro
>
>
> --
> To unsubscribe, send mail to proxecto-unsubscr...@trasno.net.
>


-- 
Saúde,

Chaves - http://chav.es

Responderlle a