> > Polo que entendín as "transient window" son estas ventás que aparecen > > por riba das outras e nas que hai que facer algo (como pechar a ventá > > ou darlle a un botón) para que desapareza > > isto non se entende como un dialogo co aplicativo :-), iso o unico quie > implica e facer que siga o run... dialogo co aplicativo é cando a resposta > condiciona o run... e iso é alleo a característica da xanela de dialogo, > pode ser do tipo "transient" ou inserida na xanela "pai" o de "transient" > (IMHO) está máis vencellado a súa crácteristica de > "transitoria/ocasional/secundaria" que a característica de "dialogo" ou o > que sexa.
Podería verse coma un diálogo predicible de resposta sinxela: - [Computador(a)] Señor, houbo un problema cos policías tulleitos, e non han poder chegar aá central a tempo. Lamento confirmarlle que sen eles non imos ter forzas abondo para continuar. - [Usuario] Recibido. Entendo que para consideralo diálogo podería requerirse da posibilidade de un «Non recibido», que implicaría que o programa recibise a mensaxe, pero no contexto en que o receptor pode pararse a ler con tranquilidade a mensaxe, simplemente a resposta é un «Xa lin a mensaxe de erro, e estoy preparado para o que poida ocorrer agora, que sei que non me vai gustar nadiña (crash...)» porque dá a casualidade que non pode haber outra resposta (asumo que pechar a fiestra en lugar de dárlle a aceptar é unha resposta alternativa que ten o mesmo efecto que a primeira resposta).

