> Non sei se sería correcto deixalo en subordinadas. O feito de que as > xanelas ás que en inglés se lle chaman "transient", por ser, digamos, > "non permanentes" sexan tamén "subordinadas" a outras, non teño claro > que permita intercambiar sen máis "temporal" por "subordinado". > > Un exemplo parvo: as ventaíñas de "capas" e "ferramentas" do GIMP, > poderíanse entender como subordinadas, pero non "transients"... > > "xanelas accesorias", talvez? Digo para non tomar unha decisión que > despois teñamos que cambiar outra vez...
En caso de descartarmos subordinada por dito motivo, habería que descartar asemade "secundaria" e pode que "auxiliar". Ía dicir que me gustaba auxiliar, pero "diálogo" fáiseme máis razonable polo momento.

