O Luns, 19 de Outubro de 2009 21:41:33 marce escribiu:
> O Luns, 19 de Outubro de 2009 16:44:13 Xosé escribiu:
> > Compras un libro de actas en calquer libraría (que teña as páxinas
> >  numeradas). Na primeira páxina, como secretario, escribes:
> 
> Problema: hai que escribir á mao. Hai un xeito de facer o mesmo con páxinas
> soltas, pero non sei como era.
> 
> E para o libro de rexistro dos socios?
> 

Pódese escribir cada páxina no computador, imprimila, recortala un pouco e 
colala, usando o carimbo da asociación para autenticar cada páxina. Sei que 
tamén hai quen o fai en páxinas soltas, pero non sei como se garante a 
autenticidade de cada páxina, ou sexa, como se evita que alguén retire unha 
acta anterior e a substitúa por unha falsificada. Talvez sería posíbel 
identificar cada acta cun pdf publicado no sitio web e unha suma MD5.

O dos socios é máis sinxelo: faise a habilitación do libro na primeira páxina 
e despois escríbese de arriba a baixo, sen máis que o nome, o número de socio 
e o DNI, en principio. Compra un libro delgado para isto.

O que me lembra que posibelmente exista unha base de datos dos socios e que 
haberá que rexistrala.

Xosé

Responderlle a