> Ola,
> acabo de mercar un libro de actas. Ten 100 páxinas pautadas (ou así
> lle chamabamos na escola) numeradas e unha encadernación (binding)
> bastante chula que pon "Actas" na portada e no lombo. Valeume 11,90€,
> non sei se é excesivo ou non. E teño factura, ao meu nome xa que aínda
> non hai asociación, ou é que fun demasiado rápido e debín ter agardado
> a que houbera asociación para pedir a factura a nome da asociación?
> Dixéronme que se non era isto o que buscaba que o podía devolver. A
> ver se consigo unha cámara, aínda que o vexo algo difícil, e lle saco
> unhas fotos...

Ostras! esquecín o libro para o rexistro dos socios! Tiña que ter
caracteristicas especiais ou vale un libro cas páxinas en branco?

 Ata logo,
              Leandro Regueiro

Responderlle a