FYI Outro fío que atopo de lectura completa recomendada. É de hai 5 meses, participaron bastantes tradutores e discutiuse amplamente sobre a cuestión
http://www.trasno.net/lurker/message/20090515.122722.3402bb7e.gl.html 2009/11/3 Antón Méixome <[email protected]>: > 2009/11/2 Gonçalo Cordeiro <[email protected]>: >> Antón Méixome escreveu: >>> >>> Utilizade por favor para esta discusión esta versión do Anjuta >>> >>> http://l10n.gnome.org/media/upload/anjuta-master-po-gl-1952_.merged.po >>> >>> >>> >> >> Aproveitando este ficheiro de exemplo para a discusom: >> as traduçons de "directory" e "folder" estam-se mudando neste ficheiro em >> concreto e maciçamente no Gnome para a correspondência única "cartafol"... >> Polo que se pode ver em diferentes fios das principais listas, o acordo mais >> claro (por maioritário) é separar a traduçom destes 2 termos. Um exemplo >> esclarecedor (nom é o único) é este fio na lista de Trasno: >> http://trasno.net/lurker/thread/20091019.150148.3ebb6e6c.gl.html#20091019.150148.3ebb6e6c >> Fora de concordáncias ou discordâncias com a escolha terminológica: qual a >> referência para novas (e nom tam novas) persoas tradutoras? >>> > > "maciçamente no Gnome" aínda non, que é o primeiro aplicativo en que > se aplica esta sistematización, grazas por fixarte neste detalle que > para iso o indiquei neste fío. > > Aínda que neste momento non se pode considerar absolutamente fixada > unha decisión sobre este aspecto, si que parece que podemos avanzar > nun sentido, que nace precisamente do que eu entendo como un consenso > razoábel, en fíos como o que comentas e anteriores: > > En resumo, palabras de alguén nese mesmo fío > "directorio se refire á xerarquía de ficheiros e cartafol á metáfora > da interface gráfica" > > A idea é efectivamente separar ambos conceptos. Cando folder ou > directory denotan a interface gráfica optariamos por utilizar sempre > cartafol. Cando nos referimos a un enderezo, a un camiño (por exemplo > no terminal) entón é sempre directorio. > > Por tanto, non é asociación simple de directory = directorio/ folder = > cartafol senón a aplicación do concepto (representación gráfica do > obxecto/lugar do obxecto) no entendido, de que nos orixinais en inglés > utilizase informalmente ambas perspectivas. Un exemplo: > > -Garde os seus ficheiros no cartafol "Música" > -Copie o ficheiro cancion.mp3 do directorio /Descargas a /Música coa > seguinte orde cp [OPTION]... SOURCE... DIRECTORY (/home/anton/Música) > > Por iso en Anjuta, en que todo os casos refiren un contorno gráfico, > se opta por sistematizar "cartafol". Dito doutra maneira: todo é > cartafol a non ser o que se indique un camiño no sistema (un > enderezo). Se se pensa no usuario de WS, que descoñece a consola, todo > é gráfico e, entón, non ten sentido ter dúas palabras para o mesmo > termo, para dicir o mesmo. > Se temos dous termos é porque significan cousas distintas e supoño que > non se avoga por distinguir segundo o contido dos "folder" (documentos > de usuario/do sistema). Máis doado é para o calquera tradutor > mecanizar folder/directory, coa ambigüidade práctica do inglés nos > nosos cartafol/directorio pero iso é calidade da tradución? > > O que se intenta é precisamente distinguir ambos termos para ter unha > tradución técnica o máis estábel posible canto á terminoloxía. Pola > información que manexamos ata agora na comunidade esta opción nunha > sería incorrecta e creo que mesmo pode supoñer unha solución a > discusións periódicas sobre o asunto. > > Outro asunto é por qué se fai así e non mediante unha declaración > formal previa do tipo: Aviso, decisión tomada, a partir de agora X... > ? Pois por varias razóns, das que eu podo indicar varias neste caso > - son a día de hoxe o revisor de Gnome, así que pasa polas miñas mans > a decisión sobre estas cuestións > - todo sabemos que o estado da tradución dos proxectos debe afrontar > novas etapas de homoxeneización, estamos todos os días debatendo > asuntos deste tipo, sabemos mesmo que hai límites pola idiosincrasia > de cada aplicativo pero hai moito camiño que andar para formalizar un > modelo de galego técnico informático. Este mesmo fío onde se discuten > solucións entre distintos IDE é modélico ao respecto > - hai moita máis discusión que a que aparece aquí recollida nos fíos > de Trasno, moitas outras fontes de consulta, moitas outras reflexións > persoais e de grupo. Ti mesmo tes que ter tomado moitas decisións desa > maneira, como tradutor de Gnome, sobre estes aspectos sen que conste > ningunha explicación detallada por escrito sobre elas. > - non ten en funcionamento a comunidade un sistema de autoridade > terminolóxica que nos sirva de guieiro seguro para todo caso, polo que > ao final as decisións débeas tomar o tradutor ou o revisor baseándose > no seu mellor entender e iso forma parte da idiosincrasia da función > do tradutor, universalmente, creo. A guía para o novo tradutor deben > ser "as mellores prácticas" dos seus colegas. > - xa no noso caso galego, está a piques de apagarse a luz dunha > autoridade institucional que orientaba este camiño, Mancomun, que ten > feito meritorios avances pero moi insuficientes polo que vemos todos > os días. Eu traballo alí e a esa referencia me remito; recollendo eses > avances a comunidade de tradutores xa está madura para dar novos > pasos, e por iso envío o meu traballo aquí. Ou sería mellor agardar a > que algún sabio académico de referencia nolo resolva? > > > > > > >>> >>> 2009/11/2 mvillarino <[email protected]>: >>> >>>>>> >>>>>> POis o mesmo: eu gosto de dicirlle «entregar» >>>>>> >>>>> >>>>> Creo que me convence máis "remitir" (por fin atopei o glosario do >>>>> Netbeans). Hai que ter en conta que isto igual xa non vale para Git, >>>>> xa que o commit en Git non é o mesmo ca en SVN... >>>>> >>>> >>>> No caso do git, a entrega faina o "git push", a etapa anterior, o "git >>>> commit", o certo é que non sei moi ben o que facer con ela (e pouca >>>> experiencia teño co git), se cadra "rexistrar (as modificacións >>>> proprias)" >>>> >>>> >>>> -- >>>> To unsubscribe, send mail to [email protected]. >>>> >>>> >>> >>> >>> >> >> >> -- >> TAGEN ATA LINGUA E COMUNICACIÓN S. COOP. GALEGA (Rúa de Ponferrada, 8 >> entreplanta B 15707. Santiago de Compostela), infórmao/a de que o seu >> enderezo de correo electrónico e o resto dos datos de carácter persoal que >> nos facilite serán obxecto de tratamento automatizado nos nosos ficheiros, >> co fin de xestionar a axenda de contactos da nosa empresa e para o envío de >> comunicacións comerciais e/ou persoais por vía electrónica. Vostede poderá, >> en calquera momento, exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación >> ou oposición nos termos establecidos na Lei orgánica 15/1999, de protección >> de datos de carácter persoal (LOPD 15/1999), dirixindo un escrito ao >> enderezo antes nomeado. Tamén lle comunicamos que a información incluída >> neste correo electrónico é confidencial pois é para uso exclusivo da persoa >> destinataria arriba mencionada. Se vostede le esta mensaxe e non é a persoa >> destinataria, informámolo/a de que está totalmente prohibida calquera >> utilización, divulgación, distribución e/ou reprodución desta comunicación >> sen autorización expresa en virtude da lexislación vixente. Se recibiu esta >> mensaxe por erro, pregámoslle que nolo notifique inmediatamente por esta >> mesma vía e proceda á súa eliminación. >> >> >

