2009/11/2 Antón Méixome <cert...@certima.net>:
> Utilizade por favor para esta discusión esta versión do Anjuta
>
> http://l10n.gnome.org/media/upload/anjuta-master-po-gl-1952_.merged.po

Choose file or directory to get log for:

Seleccione o ficheiro ou o cartafol para obter o rexistro:

=>Non significan o mesmo. É o rexistro dese ficheiro.

=>En CVS, "actualizar" ten polisemia, empregándose para "update" e
"commit" á vez.

=> Máis aló, para un CVS commit emprégase "enviar" (commit your
changes to the CVS tree),
=> E máis abaixo aínda aparece indistintametne como actualizar e remitir
=>Diff tampouco parece moi fixado (diferencial / diferenciar / diff)

=>Add watch; entendo que é un watchpoint, e polo tanto esa
"monitorización" debería collerse con pinzas.

=>Para breakpoint, iso de pto. de interrupción non é que me guste.

=> Stack frame: marco da pila; estámos nas mesmas (pila de cantos voltios?)

=>O attach de "Anjuta is unable to attach to itself" non é o mesmo
"attach" que no correo electrónico.

=>"Check out files": se tedes que traducir como "Descargar os
ficheiros (check out)", é que vai implícito que ese descargar é unha
zarapallada.

=>Hard = Hard ?

=> A tradución de "push" como "mandar" gústame, pero case que ese
mandar é sinómino de "enviar, non?

=>Stach : tamén hai unha falla de consistencia (gardar / reservar)

=>"Tag/Commit": "Etiqueta/Remitir" (Substantivo/Verbo) ?

=>Cando se fala de commit non como acto senón como datos, porque
empregades remisión e non remesa?

=>Revert nuns casos está como reverter e noutros como recuperar

=>E de plugin non falo,  pero alégrome de que os vosos backends sexan
como os meus: infraestruturas ;-)

Responderlle a