Creo que paga a pena neste caso pasar a lista directamente ao sistema de xestión de discusión terminolóxica. Aínda que está para saír aínda a súa primeira versión, que é a que se montará en Trasno, creo que este caso que por un lado ten bastantes termos e por outro non son demasiados se axusta perfectamente para facer unha proba de funcionamento.
Xosé, aceptas ? P.S www.certima.net/glosima 2009/11/17 Xosé Antonio Rubal López <[email protected]> Ola, Estiven facendo unha lista de dúbidas na tradución do Subversion (supoño que se aplican a calquera sistema de control de versións). Algúns deles non son dúbidas, simplemente os metín na lista para fixalos e non andar cambiando de opcións ao longo da tradución. Como é bastante longo, opto por mandar o ficheiro de texto. Agradécense opinións e, sobre todo, solucións ;-)!!! Saúdos. Xosé Antonio Rubal
signature.asc
Description: OpenPGP digital signature

